3 de nov. de 2020

O ROSAL

O GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR CELEBRA A REDUCCIÓN DA TAXA DO LIXO  

Aos comerciantes e pymes do Concello

 

 María del Carmen Alonso Alonso - no centro da imaxe - xunto co equipo humano do Partido Popular do Rosal

 Grupo Municipal do PP / O Rosal

 Dende o Grupo Municipal do PP de O Rosal, celebramos que se aprobara por unanimidade unha medida que xa foi demandada polo noso grupo o 27 de maio, de reducción da taxa de lixo aos comerciantes e pymes do Concello. Unha medida que o portavoz do grupo municipal do PP do Rosal, Domínguez Martínez, lle trasladou o equipo de goberno nunha das reunións da comisión de seguemento da crise sanitaria producida polo Covid-19. Esta medida foi levada nun pleno extraordinario urxente que se celebrou hoxe as 8 da mañá. Ainda que a porcentaxe de desconto na taxa nos parece pequeno, calquera medida será ben acollida polos comerciantes nestes momentos tan duros para poder sacar a diante os seus negocios.  

 Os beneficiaros, aqueles comercios que durante o estado de alarma tiveron que pechar as súas portas, terán que solicitar dito desconto unha vez sexa aprobado o novo regulamento de forma definitiva. 

 Deberán estar pendientes a publicación dos prazos, para solicitar acollerse a este desconto. 

 Seguiremos traballando para conseguir máis medidas que beneficien o noso comercio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario