O CINECLUB POLEIRO SUSPENDE A ACTIVIDADE
Cineclub Poleiro / Goián
O Concello de Tomiño está en alerta 3, nivel vermello, e o goberno municipal ampliou as limitacións de aforo nos espazos municipais.
Onte [polo luns día 2 de novembro] comunicounos que debíamos suspender o ciclo de cine porque estes lugares quedaban abertos só para actividades cun máximo de cinco persoas.
Como utilizamos o auditorio de Goián para as proxeccións, non podemos continuar co ciclo de cine que comenzamos en outubro e debía seguir o próximo xoves coa proxección de A Illa das mentiras.
Lamentamos a anulación e seguiremos co ciclo en canto a situación o permita.
Ningún comentario:
Publicar un comentario