9 de nov. de 2020

GALIZA

A CIG convoca concentración en demanda dun Sistema Público Galego de Atención ás Persoas 

Este martes, día 10 de novembro, en todas as cidades galegas 

Infogauda / Galiza 

 A crise sanitaria derivada da pandemia da COVID-19 puxo máis en evidencia que nunca a necesidade de pór os coidados como prioridade das políticas públicas e a urxencia de investimentos públicos en servizos de atención ás persoas. Por iso a CIG vén de pór en marcha unha campaña en demanda dun Sistema Público Galego de Atención ás Persoas na que se insire a convocatoria de concentracións, mañá martes, día 10 de novembro, diante dos edificios administrativos da Xunta de Galiza das cidades. 

 A concentración nacional, á que asistirá o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, terá lugar en Compostela, onde dará conta do contido da campaña e das demandas da central sindical. 

MOBILIZACIÓNS 

· A Coruña: 11:00 horas. Edificio Administrativo da Xunta de Galiza de Monelos 

· Ferrol: 11:00 horas. Edificio Administrativo da Xunta de Galiza 

· Santiago: 11:00 horas. Edificio Administrativo da Xunta de Galiza en San Caetano 

· Lugo: 11:30 horas. Edificio Administrativo da Xunta de Galiza 

· Ourense: 11:30 horas. Edificio Administrativo da Xunta de Galiza 

· Pontevedra: 11:00 horas. Edificio Administrativo Xunta de Galiza 

· Vigo: 11:00 horas. Edificio Administrativo Xunta de Galiza

Ningún comentario:

Publicar un comentario