Luisa Piñeiro destaca a aposta transversal de promoción da Xunta para as rutas Xacobeas de Santiago na súa visita á exposición 'Facer Camiño'
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, visitou a exposición Facer Camiño
Infogauda / Pontevedra
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luisa Piñeiro, visitou na xornada de hoxe a exposición Facer Camiño, na Casa das Campás da capital provincial e destacou a aposta transversal do executivo galego para a promoción das rutas xacobeas de Santiago de Compostela.
“Esta mostra, que está a percorrer todas as cidades galegas, é unha acción máis das centos de emprendidas pola Xunta para poñer en valor a riqueza cultural, relixiosa, turística e patrimonial do Camiño de Santiago de cara ao Xacobeo 2021, que vai ser unha cita decisiva para Galicia e coa que nos estamos a volcar pola súa importancia”, sinalou a representante autonómica no seu percorrido.
Esta mostra, impulsada pola Consellería de Educación, Cultura e Universidade e a Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA), concíbese como una peregrinación artística na que doce prestixiosos artistas galegos asocian as súas creacións, desde diferentes perspectivas, medios expresivos e estilos, co Camiño de Santiago.
Está composta por 23
pezas, entre pinturas, esculturas e fotografías, de Manuel Buciños,
Ignacio Basallo, Xosé Díaz, Menchu Lamas, Xurxo Lobato, Acisclo Manzano,
Din Matamoro, Manolo Paz, Soledad Penalta, Manuel Quintana Martelo,
Rafael Úbeda e Miguel Anxo Prado, baixo o comisariado de Asunta
Rodríguez.
Ningún comentario:
Publicar un comentario