6 de nov. de 2020

A GUARDA

A praia do Forte, en Camposancos, xa conta con novos módulos de servizos e socorrismo

· E a praia de Area Grande dispón dun posto de vixiancia para os socorristas

 

O alcalde do Concello de A Guarda e o aparellador municipal, supervisando os módulos que veñen de ser instalados na praia do Forte

Infogauda / A Guarda

 O Equipo de Goberno Municipal do Concello de A Guarda vén de comunicar que recentemente remataron os traballos necesarios para a dotación dos novos módulos para socorrismo e baños adaptados na Praia do Forte, en Camposancos, unhas instalacións que veñen a completar as obras feitas para a mellora da accesibilidade a este espazo natural de gran afluencia de visitantes, maioritariamente na tempada estival.  

 Na devandita actuación foron instalados dous módulos: un para o servizo de salvamento con sala de curas, independente da sala de persoal e aseo; e outro módulo para aseos, de dúas cabinas, unha delas acondicionada para persoas con mobilidade reducida. 

 Tamén conta cun almacén para os materiais de limpeza de praia.  Asemade foron instalaron dous postos de vixiancia, un para a praia do Forte e outro para a praia de Area Grande, con estrutura de madeira, para mellorar o campo de visión dos socorristas. Por outra banda, foron adquiridas dúas táboas de surf para os labores de rescate de vítimas na auga.  

 O investimento total nestas instalacións ascendeu a 51.158,34€ + IVE.

Ningún comentario:

Publicar un comentario