ÉXITO DOS FILATELISTAS GUARDESES NA EXFILNA 2020
· A colección “Colón; Rumbo ás Yndias”, de José Ángel Gándara Rodríguez, medalla de Ouro Grande e trofeo Fesofi, “Antonio Castellano”, á mellor Colección Temática
José Ángel Gándara Rodríguez, diante da súa multipremiada colección filatélica “Colón; Rumbo ás Yndias”
Foto: Infogauda
Marta Verde / A Guarda
Este ano a 58ª Exposición de Filatelia Nacional EXFILNA que tería que celebrarse na cidade de Cáceres do 28 de outubro ao 1 de novembro, como consecuencia da pandemia que estamos a padecer recorreuse a realizala en liña. O sábado deuse a coñecer o palmarés das coleccións participantes, máis dun centenar de toda España.
O resultado das catro colecciones representando á Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa podemos consideralo de excelente pois en Clase Temática participaban as coleccións de:
José Ángel Gándara Rodríguez con “Colón; Rumbo ás Yndias” obtivo 92 puntos, medalla de Ouro Grande e trofeo Fesofi, “Antonio Castellano”, á mellor Colección Temática (galardón acadado por terceira vez, xa que anteriormente o lograra nos anos 2011 e 2015).
Luciano Lomba Vicente coa súa colección “Do nosteiro rural á catedral urbana”, obtivo 83 puntos e Medalla de Vermeil Grande.
Almudena Taboada Lago que participa por primeira vez coa súa colección “Terras Australis Ignota”, obtivo unha Medalla de Vermeil con 81 puntos.
Na Clase Aberta participou Marta Verde Rodríguez que coa súa colección “Ao son da gaita”, conseguiu 80 puntos.
No apartado de Literatura K-4 referente aos blogues de Sociedades Filatélicas, a Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa obtivo 75 puntos e Medalla de Vermeil.
A todos eles nosos parabéns.
Ningún comentario:
Publicar un comentario