8 de out. de 2020

TOMIÑO

A Escola Municipal de Teatro de Tomiño retoma a actividade adaptándose á nova normalidade  

As inscricións non se abrirán debido á limitación das prazas  

 


Infogauda / Tomiño

 O Equipo de Goberno do Concello de Tomiño vén de facer público un comunicado no que informa que "un ano máis a Escola Municipal de Teatro de Tomiño inicia as súas actividades. Nesta ocasión, debido á situación pandémica, foi preciso tomar unha serie de decisións co obxectivo de garantir a seguridade do alumnado.   

 Non se abrirán inscricións debido á necesidade de limitar as prazas para cumprir coa normativa de seguridade. Os criterios seguidos por Tamara, a mestra encargada, foron a antigüidade dos alumnos na Escola de Teatro e a convivencia estre os mesmos, establecendo grupos reducidos que estarán limitados a 9 ou 10 participantes. Co fin de cumprir estes criterios, aumentaranse os grupos e días de clase, formando un total de 6, que estarán repartidos entre o luns e o martes.  

 A duración das clases será de unha hora e quince minutos a fin de que se poidan realizar tarefas de desinfección e ventilación entre cada unha das mesmas".  

 Malia a non apertura das inscricións, quedan aínda algunhas prazas baleiras, polo que as persoas interesadas poderán obter máis información a través do teléfono 986 622 001 ou do correo electrónico cultura@tomino.gal  

 As prazas vacantes son as seguintes:  

- Grupo 1 (6/7anos) luns de 16:00 a 17:15 - 2 prazas 

- Grupo 2 (8/9 anos) luns 17:30 a 18:45 - 4 prazas 

- Grupo 3 (9/10 anos) luns 19:00 a 20:15 - 2 prazas 

- Grupo 4 (11/12anos)martes 16:00 a 17:15 - 1 praza 

- Grupo 5 (13/16 anos) martes 17:30 a 18:45 - 1 praza

Ningún comentario:

Publicar un comentario