A Policía Local e Protección Civil de Tomiño reciben formación especializada en violencia de xénero
Ambos os dous corpos de seguridade asistiron a dúas sesións de formación con supostos prácticos para saber coma actuar en casos de violencia doméstica
Os integrantes da Policía Local e Protección Civil de Tomiño asistiron a un obradoiro de formación contra a violencia de xénero
Fotos: C.T.
Os integrantes da Policía Local e Protección Civil de Tomiño asistiron durante dous días a un obradoiro de formación contra a violencia de xénero, organizado pola Oficina Municipal de Igualdade, co fin de proporcionar aos axentes destes colectivos as ferramentas teórico-prácticas para enfrontarse aos casos de violencia doméstica ou familiar que se produzan no municipio.
Deste xeito, o Concello continúa traballando contra esta lacra da sociedade que cada día se cobra novas vítimas. O taller tivo lugar os días 15 e 16 deste mes, no salón de plenos do Concello.A actividade estivo financiada con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdad, Secretaría de Estado de Igualdad y contra la Violencia de Género.
Tomiño acollerá a inauguración das primeiras Xornadas de formación en LGTBIfobia nos corpos e forzas de seguridade
A presentación da actividade tivo lugar no salón de plenos do Concello o venres pasado
De esq. a der.: Xermán Cordero Verde, coordinador da Asociación Trans Miño-LGTBIQ+; Sandra González, alcaldesa de Tomiño, e Ismael Troncoso, concelleiro de da Área de Seguridade
Como xa informamos oportunamente neste xornal dixital transfronteirizo, Tomiño acollerá a inauguración das primeiras Xornadas de formación en LGTBIfobia nos corpos e forzas de seguridade.
Na mañá do pasado venres foi presentada oficialmente a actividade no Concello de Tomiño. A esta presentación acudiu Xermán Cordero Verde, coordinador da Asociación Trans Miño-LGTBIQ+, organizadora destas xornadas (coa colaboración dos concellos de Tomiño, O Rosal e A Guarda); a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e o concelleiro de da Área de Seguridade, Ismael Troncoso.
Segundo expuxo o coordinador da asociación, con sede na Guarda,o obxectivo principal é “o achegamento entre as persoas vítimas dunha agresión por LGTBIfobia e os corpos de seguridade, así coma a formación para recoller os datos necesarios para que a fiscalía poida actuar (FCS)”. Outros dos fins dos organizadores é “romper cos estereotipos e medos das persoas que sofren este tipo de agresións, por exemplo, á hora de ir a unha comisaría”.
O temario das xornadas versará sobre delitos de odio e discriminación, policía e diversidade; método de traballo e boas prácticas policiais, e suposto práctico sobre Análise de custoria.
As xornadas terán lugar os vindeiros días 22, 23 e 24 de setembro nos concellos de Tomiño, O Rosal e A Guarda. O día martes 22, ás 10.30h será a inauguración no Auditorio de Goián, seguida da primeira sesión formativa. O día 23, ás 11 da mañá impartirase a 2ª sesión, no Centro Polivalente de O Rosal, e xa o 24, ás 1030h comezará a última xornada formativa, seguida (ás 18.30h) dunha xornada de portas abertas, e da entrega de diplomas e peche.
As persoas que desexen apuntarse poden enviar un correo electrónico a transminho.lgtbi@gmail.com, ou chamar ao 626 420 874.
Ningún comentario:
Publicar un comentario