A Xunta de Galicia organiza un curso en liña para formar ós artesáns en estratexia empresarial e novos modelos de xestión
A Fundación Artesanía de Galicia ten aberto o prazo de inscrición deste curso, que se impartirá de xeito gratuíto os días 6, 13, 20 e 27 de outubro
Infogauda / Galicia
A Xunta, a través da Fundación Artesanía
de Galicia, organiza un curso gratuíto en liña, de formación para mellorar
as competencias dos artesáns galegos no eido da estratexia empresarial e
os novos modelos de xestión. O prazo de inscrición estará aberto ata o
vindeiro 25 de setembro (https://artesaniadegalicia.xunta.gal/gl/formacions) e as clases darán comezo o día 6 de outubro.
A
chamada “nova artesanía” sitúase no centro dunha economía sostible e
centrada nas persoas, que se apoia nuns valores empresariais e culturais
innovadores e diferentes, o que fai preciso que os artesáns dispoñan de
novos modelos de xestión empresarial. O curso centrarase na estratexia
empresarial como mapa sobre o que trazar a propia senda de crecemento; o
márketing como apoio flexible a toda a actividade do obradoiro e o
control de diversos indicadores como guía para asegurarse unha xestión
eficiente.
Este curso impartirase de xeito gratuíto os días 6, 13,
20 e 27 de outubro. Cada sesión terá unha duración de 90 minutos que
incluirá ademais da exposición dos docentes un foro de discusión para o
grupo e sesións individuais de consultoría.
A formación correrá a
cargo das docentes Xènia Viladàs e Marta Ruiz de León. Xenia Viladàs é
economista e MBA pola universidade de Westminster no Reino Unido,
experta en deseño de servizos, deseño de negocios, deseño estratéxico e
estratexia corporativa. Como tal, ten traballado en políticas públicas
de deseño desde BCD (Barcelona Centro de Diseño) e desde o Ministerio de
Industria; ten colaborado con organizacións sectoriais do téxtil, da
madeira e o moble, da cerámica, e da artesanía e ten asesorado a
empresas como Sargadelos, Finsa, Área Espacios Efímeros, Marcelo and
partners, entre outros. No eido académico, colabora con diversas
universidades en España e no extranxeiro e foi profesora e directora do
departamento de Deseño de Servizos no Savannah College of Art and
Design.
Marta Ruiz de León é economista e posgrao en dirección de
empresas por IESE, experta en dirección de empresas. Foi socia e CEO da
firma Mariano, socia e responsable de alianzas estratéxicas para a
unidade de negocio inmobiliario de Boj Inmobiliaria, e responsable da
dirección financeira do grupo. No ámbito docente é profesora
especialista de posgrao na Escola Superior de Deseño de Madrid.
Ningún comentario:
Publicar un comentario