O Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 leva á Cidade da Cultura a xornada 'Mulleres e cultura urbana'
O secretario xeral de Política Lingüística participou hoxe na rolda de prensa de presentación do II festival feminista de arte urbana Delas Fest
Foto: X.G.
Infogauda / Santiago de Compostela
O secretario xeral de Política
Lingüística, Valentín García, participou hoxe na rolda de prensa de
presentación do II festival feminista de arte urbana Delas Fest, no que
se enmarca Mulleres e cultura urbana, unha iniciativa que forma parte do
Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 e que se celebra, en
diferentes espazos do Gaiás, o vindeiro 12 de setembro.
Valentín
García, acompañado xunto coa concelleira de Acción Cultural e primeira
tenente de alcalde de Santiago, Mercedes Rosón; a comisaria do festival
Delas Fest, Clara Rodríguez Cordeiro; e a artista encargada da
intervención mural en Santiago, Xoana Almar, destacou “a importancia de
combinar a análise arredor da cultura urbana galega en clave de xénero
coa dinamización social do galego”. Así mesmo, lembrou que o público
interesado en asistir debe inscribirse previamente no web www.cidadedacultura.gal
e que o evento tamén se poderá seguir por streaming desde a canle de
YouTube de 7H Cooperativa Cultural, entidade impulsora desta iniciativa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario