Tomiño acollerá a última proba do Campionato Galego Inclusivo de Motonáutica
Será este sábado 26 na contorna fluvial do Espazo Fortaleza de Goián
Infogauda / Goián (Tomiño)
A contorna fluvial do Espazo Fortaleza de Goián acollerá este sábado a quinta e última proba do Campionato Galego Inclusivo de Motonáutica, recta final que tras varias xornadas de competición lideran os noieses José Barrio e Pilar Sarmiento.
Tras as citas deportivas de Tui, A Guarda, Portosín e Outes, a competición foise decantando do lado coruñés, que dende o principio marcou o ritmo liderando o autonómico. Non obstante, a última palabra a teñen as augas do río Miño, irmandadas por España e Portugal e que esta fin de semana serán testemuñas do desenlace final deste Campionato Galego Inclusivo, que organiza a Federación Galega de Motonáutica en colaboración co concello tomiñés.
A unha distancia aproximada lles seguen o caixón do podio provisional da clasificación xeral os vigueses Álvarez Camiña e Davila Piñeiro, sendo bronce os tudenses Carlos Estévez e Oswaldo Davila. Especial atención haberá que poñer tamén en pilotos como o local Marcos Casaleiro e o sadense Carlos Facal.
Co arranque programado ás 10.30 horas, piloto e copiloto terán que enfrontarse a unha serie de probas de destreza, nun circuíto marcado por boias fondeadas sobre as que terán que trazar un percorrido con diversas dificultades e que serán desveladas no último momento polo Comité de Xuíces da Federación Galega de Motonáutica.
Ningún comentario:
Publicar un comentario