O CDG ofrece no Auditorio de Galicia dúas funcións da súa coprodución con Paloma Lugilde ‘Poeta en Nova York’
A montaxe da compañía lucense levará a cabo este sábado dous pases consecutivos, ás 18,00 e ás 20,30 h., nos que reunirá intérpretes e público sobre o escenario da sala Ángel Brage
Un elenco integrado por María Roja, Sergio Zearreta e Sabela Eiriz asume a adaptación escénica da obra poética de Federico García Lorca
Un elenco integrado por María Roja, Sergio Zearreta e
Sabela Eiriz actuará no mesmo escenario no que se situarán os
espectadores
Foto: X.G.
Foto: X.G.
Infogauda / Santiago de Compostela
O Auditorio de Galicia en Santiago de
Compostela acollerá este sábado día 12 dúas funcións de Poeta en Nova
York, unha visión escénica da obra poética de Federico García Lorca,
realizada pola compañía lucense Producións Paloma Lugilde xunto co
Centro Dramático Galego da Consellería de Cultura, Educación e
Universidade.
Serán dous pases consecutivos, ás 18,00 h. e ás
20,30 h., nos que un elenco integrado por María Roja, Sergio Zearreta e
Sabela Eiriz actuará no mesmo escenario no que se situarán os
espectadores, un máximo de 50 persoas en cada representación. De feito, o
espectáculo, inicialmente programado para o mes de marzo no Salón
Teatro, sede do CDG, tivo que ser suspendido por mor do estado de alarma
e trasládase finalmente ao Auditorio de Galicia por proporcionar este
recinto maior distancia física entre os asistentes.
Con dirección,
dramaturxia e escenografía de Paloma Lugilde, en Poeta en Nova York
preséntase un Lorca traspasado pola dor, traizoado, estranxeiro nunha
cidade contraditoria e desbordante, que enche o seu poemario de
personaxes, situacións, sensacións e imaxes para retratar non só un
lugar e un poeta, senón tamén toda unha sociedade.
A iluminación e
o son deseñados por Alfredo Sarille e Manuel Regueiro contribúen tamén a
crear unha atmosfera íntima e poética dentro dnun espazo escénico
contemporáneo. Completan o equipo Ramón Ferreira na documentación, Diego
Blanco nas proxeccións, Pablo Sanmamed na música e Xoán Laxe na
tradución.
As localidades para asistir ao espectáculo poden
mercarse xa en liña no web entradas.abanca.com. O seu prezo é de 10
euros e aplícanse os descontos habituais a titulares de carné xove,
persoas desempregadas, maiores de 65 anos e determinados colectivos
sociais e profesionais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario