9 de set. de 2020

A GUARDA

A unidade móbil de doazóns de sangue visitará á vila 

O venres 25 e sábado 26 de setembro, diante do Centro Cultural

A unidade móbil da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) visitará novamente á vila de A Guarda
Foto: C.A.G.


Infogauda / A Guarda 

 A unidade móbil da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) estará instalada na vila de A Guarda o venres día 25 e o sábado día 26 de setembro.  

 Este autobús estará emprazado na rúa Rosalía de Castro (diante do Centro Cultural) o venres 25 de 10:00 ás 14:00 e de 16:30 ás 21:00 horas e o sábado 26, de 10:00 ás 15:00 horas. 

 Grazas ao emprego destas unidades móbiles, o Centro de Transfusión de Galicia, intenta facilitar a todos os cidadás, o solidario xesto de doar sangue. Sen a implicación de todos é imposible acadar as 500 doazóns de sangue que cada día se precisan nos hospitais galegos. 

 Para maior seguridade, pide a túa cita previa para doar no 900 100 828. 

• Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar espere 2 horas.

• Non esqueza traer a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar.

• Informe ao médico se está a tomar algún medicamento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario