O Centro de Información á Muller programou dúas sesións de teatro
Para os días 18 e 26 deste mes de setembro
Infogauda / A Guarda
Como xa informamos oportunamente neste xornal dixital transfronteirizo, o Centro de Información á Muller (CIM), de A Guarda, programou para este mes de setembro dúas funcións teatrais: “A nena que quería navegar” e “Invisibles”.
Como queira que unha das obras non poderá ser posta en escea na data inicialmente indicada, o Concello de A Guarda, comunica que a programación queda do seguinte xeito:
Como queira que unha das obras non poderá ser posta en escea na data inicialmente indicada, o Concello de A Guarda, comunica que a programación queda do seguinte xeito:
O venres 18 de setembro ás 21:00h, no Centro Cultural, terá lugar a representación teatral de “Invisibles”, unha obra dirixida ao público adulto. E o sábado día 26 de setembro ás 18:00h o Centro Cultural acollerá a representación teatral de “A nena que quería navegar”, unha obra dirixida ao público infantil, e
“Invisibles” é unha adaptación do libro homónimo da periodista Montserrat Fajardo que relata casos reais de violencia de xénero sufridos por sete mulleres galegas. Protagonizado por Mela Casal, Sheyla Fariña e Neves Rodríguez, coa dirección de Marián Bañobre.
“A nena que quería navegar” é unha comedia para público familiar que trata de visibilizar e paliar as consecuencias do acoso escolar a través de técnicas de reforzo positivo e aumento da autoestima. Un espectáculo optimista, colorista, emocionante, reflexivo e festivo no que se mesturan distintas disciplinas como os monicreques, o teatro de obxectos, as vídeo proxeccións e a música en directo.
Para ámbalas dúas representacións teatrais seguirase un estrito protocolo Covid-19, polo que é preciso inscribirse con anterioridade chamando ao Centro Cultural da Guarda no 986 61 18 50 ou acudindo ata o propio Centro Cultural dende o luns previo a cada actividade. O aforo é limitado.
Estas actividades están subvencionadan pola Secretaría Xeral de Igualdade e polo Pacto de Estado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario