2 de set. de 2020

A GUARDA

O  BNG ESIXE A XUNTA DE GALICIA TRANSPARENCIA SOBRE A  SITUACIÓN  EPIDEMIOLÓXICA NA GUARDA 

Anxo Lois Baz Vicente, portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda

Infogauda / A Guarda

 Na reunión de portavoces municipais da Guarda, celebrada hoxe a instancias do BNG, o portavoz municipal nacionalista, Anxo Lois Baz Vicente volveu a demandar de todas as forzas políticas e do goberno municipal un pronunciamento claro para esixir  da Consellería de Sanidade transparencia sobre a situación epidemiolóxica da localidade por mor do Covid 19.  

 Segundo Anxo Lois Baz, “é preciso tomar a situación co rigor preciso, rigor nas medidas preventivas e rigor na información, algo que a Xunta de Galiza, non está a facer”. O portavoz nacionalista fai un chamamento a serenidade de toda a poboación guardesa, unha sociedade que maioritariamente compórtase dun xeito responsábel e que precisa estar informada para evitar o desconcerto  creado pola falta de transparencia da Xunta de Galiza.  

 Anxo Lois Baz, apuntou que este desconcerto vese incrementado polo abandono da Xunta de Galiza do centro de saúde da localidade. Na actualidade o Centro de saúde da Guarda conta só  coa metade dos médicos e co 40% do servizo de enfermería. Esta redución de persoal  sanitario está provocando o colapso do centro cos profesionais desbordados e con pacientes que cada día atopan máis dificultades para ser atendidos en prazos razonabeis.

Ningún comentario:

Publicar un comentario