19 de set. de 2020

A GUARDA

A COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DA PARROQUIA DE A GUARDA DENUNCIA A TELEFÓNICA

Diante de varios organismos (Concello de A Guarda, SEPRONA, Consellería de Medio Ambiente e Consellería de Cultura)

 


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Infogauda / A Guarda

  Adxuntando á correspondente reportaxe fotógrafica - da cal imos extraer algunhas imaxes para esta información - vimos de receber na Redacción deste xornal dixital transfronteirizo un comunicado emitido pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de A Guarda, que ti o seguinte:

 Quen suscribe, en calidade de Secretario da Comunidade de Montes de referencia, diante a situación de deixadez e abandono das súas instalacións por parte de TELEFÓNICA, o longo do Monte de Santa Trega, declarado de Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia, así como Patrimonio Nacional, polo Goberno da Nación dende fai moitos anos. 

 Vamos a presentar a seguinte DENUNCIA contra a empresa de comunicación, diante daqueles órganos da Administración, responsables de medio ambiente, patrimonio, montes, etc. Para que tomen “cartas no asunto” e por medio da súa intervención, fagan que se restitúa os danos ambientais, estéticos e contaminantes que ca súa pasividade está provocando a sinalada empresa.

 Din que unha imaxe vale máis que mil palabras, e o que se ve non precisa moita explicación, polo que acompañamos a este pequeño escrito unha serie de imaxes, máis que suficientes, para que se tomen as medidas oportunas, e que son unha vergoña o trato que estáselle dando ao 2º lugar de referencia turística de Galicia. 

  A Guarda, a 14.09.2020      

 

Celso R. Fariñas 

Secretario C.M.V.M.C.  

A Guarda        

 

Escrito dirixido a: 

Concello de A Guarda 

SEPRONA 

Consellería de Medio Ambiente

Consellería de Cultura

Ningún comentario:

Publicar un comentario