14 de ago. de 2020

TURISMO

A Guarda acollerá á 90ª edición Encontro Internacional da FICC 2021

· A presentación e sinatura do acordo de colaboración terá lugar o mércores día 19 de agosto, na Casa dos Alonso

 

                      Vista de A Guarda desde o Monte Santa Trega - Foto: Infogauda

 

Infogauda / A Guarda 

  O Equipo de Goberno do Concello de A Guarda, vén de facer público que o vindeiro mércores día 19 de agosto, ás 10:30 horas, na Casa dos Alonso (Praza do Reló, nº 1), realizarase a presentación da 90ª edición do Encontro Internacional da FICC 2021, un evento internacional que na súa longa traxectoria da FICC, tan só se celebrou en territorio español en tres ocasións, e que en 2021 terá lugar na localidade de A Guarda (Pontevedra). 

 Na presentación intervirán: Antonio Lomba Baz, alcalde de A Guarda; Joâo Alves, presidente da FICC; Miguel Merino Ayllón, vicepresidente da Federación Española de Clubes Campistas (FECC);  Andrés Sánchez, vogal da Federación Española de Clubes Campistas (FECC); Juan Antonio Cidanes, presidente do Camping Caravaning Club de Galicia-Vigo, e José Iglesias, vogal e responsable das relacións coa FICC.

 O Equipo de Goberno Municipal indicou que "aproveitando tamén o acto, asinarase o convenio de colaboración entre o Concello da Guarda e a Federación Internacional de Camping e Caravaring para a realización deste encontro".

Ningún comentario:

Publicar un comentario