A posta en valor da senda botánica e a mellora do parque infantil de Circos, dous atractivos para potenciar o turismo sostible e os valores naturais do Monte Aloia
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións visitou esta maña a zona na que se executarán estes traballos, que foron adxudicados por un importe de 30.000 euros
Esta actuación súmase ás accións derivadas do contrato para o deseño e execución de campañas de divulgación e promoción do turismo de natureza sostible e de educación ambiental neste parque natural nos próximos dous anos
Avanza que nas próximas semanas se resolverán as distintas axudas para a conservación e o desenvolvemento sostible da rede de espazos protexidos, que suman un importe de 8 millóns de euros
A conselleira de Medio Ambiente visitou
esta mañá o Monte Aloia
Foto: X.G.
Infogauda / Tui
A conselleira de Medio Ambiente,
Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez, salientou esta mañá
que a posta en valor da senda botánica e a mellora do parque infantil en
Circos son dúas actuacións que potenciarán o turismo sostible e os
valores naturais do Monte Aloia. A conselleira de Medio Ambiente visitou
esta mañá estas zonas do primeiro parque natural declarado na
Comunidade, nas que se levarán a cabo dúas actuacións para a mellora e
posta en valor e que veñen de ser adxudicadas por un importe de 30.000
euros.
As tarefas consistirán na colocación de novos carteis
informativos e á plantación de diferentes especies de árbores que
incrementarán o atractivo para o visitante, ao tempo que se amplía o
percorrido e se mellora o firme. Na zona infantil, crearanse novos
espazos de lecer, como randeeiras, balancíns, torres e xogos educativos e
a instalación de novos elementos para conformar un circuíto
biosaudable.
Vázquez Mejuto indicou que estas dúas actuacións, cun
prazo de execución medio de case tres meses, complementarán os
traballos de conservación que xa se están a levar a cabo no parque por
unha cuadrilla de 5 persoas e que consisten na restauración e adecuación
de hábitats deste parque natural.
Asemade, recordou que a comezos
deste mesmo mes, a Consellería de Medio Ambiente, adxudicou un contrato
para o deseño e execución das campañas de divulgación, promoción do
turismo de natureza sostible e educación ambiental neste parque natural.
Esta
actuación, cofinanciada nun 80% a través do fondo europeo para o
desenvolvemento rexional ao abeiro do programa FEDER Galicia 2014-2020,
ten por obxectivo dispoñer dun servizo de atención ao público e
sensibilización, así como de campañas de promoción turística e
educativas que contribúan á concienciación ambiental da sociedade e a un
mellor coñecemento dos espazos incluídos na Rede de Parques Naturais de
Galicia, neste caso concreto na Casa Forestal Enxeñeiro Areses.
Axudas á sostibilidade da rede de espazos protexidos
A
conselleira de Medio Ambiente recordou o esforzo que realiza o Goberno
galego para conservar e protexer, non só os parques naturais -como o
Monte Aloia-, senón tamén os restantes espazos protexidos.
Nese
sentido, recordou que ao longo do ano se promoveron diferentes liñas de
axudas, por un importe de 8 millóns de euros, para a conservación e o
desenvolvemento sostible da rede de espazos protexidos con axudas e
actuacións nos parques naturais, no Parque Nacional Illas Atlánticas de
Galicia (pendentes de convocar), e nos ámbitos da Rede Natura 2000 e das
Reservas da Biosfera; así como as axudas en materia de biodiversidade.
Unhas axudas que nas vindeiras semanas se resolverán e que beneficiarán a
case o 75 dos concellos galegos (231).
Monte Aloia, primeiro parque natural de Galicia
Declarado
en 1978, o Monte Aloia, con apenas 746 hectáreas, foi o primeiro parque
natural de Galicia. Situado no límite sur da Serra do Galiñeiro, un dos
seus grandes atractivos son as vistas panorámicas dos vales do Miño e
do Louro.
As súas particulares características fan que o seu Plan
Reitor de Uso e Xestión (PRUX) –aprobado a comezos deste ano- se fixe o
reto de ampliar a proxección deste espazo natural cara á sociedade. Así,
aspira a convertelo nun exemplo de xestión da auga e dos hábitats
asociados, xa que no Aloia nacen cinco correntes fluviais e tamén é unha
zona de recarga de acuíferos.
Na mesma liña, resalta o potencial
deste parque para postularse como un espazo no que se desenvolven
modelos de explotación silvícola do monte comunal que, ademais de
rendibles e sostibles, tamén poden ser compatibles coa conservación da
biodiversidade. Ademais, planifícanse medidas orientadas a restaurar os
hábitats naturais do monte, contribuíndo a diminuír o risco de incendios
e incrementar a resiliencia do conxunto fronte ao lume.
Ningún comentario:
Publicar un comentario