O BNG de Tui apoia as reinvindicacións dos pais dos alumnos do CRA Mestra Clara Torres, de Caldelas de Tui
Carme Núñez, voceira local do BNG de Tui
Infogauda / Tui
"O BNG de Tui apoia as reinvindicacións dos pais e nais dos alumnos do CRA Mestra Clara Torres de Caldelas de Tui, que reclaman o traslado do ciclo de infantil a outra ubicación, concretamente ao recinto do CEP de Caldelas". Así o vén de afirmar Carme Núñez, voceira local do BNG de Tui.
"Este cambio de ubicación permitiríalles dispor doutras instalacións e servizos, como patio cuberto, pavillón, calefacción e autobús", argumenta a concelleira nacionalista. "E sobre todo - engade - evitaría a perigosidade en relación ao paso da estrada 404 por diante das actuais instalacións, que orixina situacións de moito risco, nomeadamente nos horarios de entrada e saída dos nenos". Nesa liña, Carme Núñez lembra que "no pleno de maio aprobouse unha moción nese sentido por unanimidade de todas as forzas políticas". Agora, o BNG defende que se manteña como CRA nesta nova ubicación porque entende que os Colexios Rurais Agrupados garanten, non só a escolarización dos nenos no rural, senón tamén unha educación de calidade, cercana e ben dotada con medios humanos.
"Estes dous modelos educativos entendemos que poden coexistir. E que esta fórmula de compartir instalacións supón unha optimización de recursos e enriquece á comunidade educativa", afirmou Carme Núñez.

Ningún comentario:
Publicar un comentario