Entra en funcionamento o edificio de Benestar Social de Tomiño, tras a súa rehabilitación enerxética
O concello obtivo unha subvención de perto de 175.000 euros do Ministerio para la Transición Ecológica, que permitirá un aforro constante de enerxía e, en consecuencia, un maior respecto polo medio ambiente
Infogauda / Tomiño
O remate das obras de rehabilitación enerxética levadas a cabo no Edificio de Benestar Social (antigo centro de saúde), situado no Barrio da Rocha, permitiron a entrada en funcionamento do mesmo, a principios do mes de agosto.
Este mediodía, a alcaldesa Sandra González visitou as distintas dependencias do inmoble, donde se atopan as oficinas do Departamento de Benestar Social e os locais da Policía Local e Protección Civil. A rexedora, estivo acompañada pola concelleira Cristina Martínez (Benestar e Educación); Ismael Troncoso (Seguridade e Tráfico) e Lois Vázquez (Servizos Públicos).
Cun orzamento total de 237.000 euros, procedente dunha achega do IDAE (Instituto de Diversificación e Aforro Enerxético), e de 174.163,00€ de fondos propios, o Concello de Tomiño emprendeu a reforma do edificio en decembro do ano pasado. O proxecto foi posible grazas á concesión, en concorrencia competitiva, dunha subvención a proxectos singulares de entidades locais, no marco do Programa Operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020.
O proxecto procuraba a mellora da calidade e sostibilidade do edificio adicado á atención ao público das áreas de Benestar Social, Cultura, Turismo, Mocidade, Deporte, Protección Civil e Policía Local.
A actuación comprendeu, concretamente, a instalación dun sistema de illamento térmico en paredes exteriores; cambio de tellado e carpintería exterior, así coma a instalación dun sistema novo de iluminación led e recuperador de calor.
As obras realizadas deron coma resultado un edificio municipal de categoría enerxética A, pioneiro no seu tipo na comarca, pensado para lograr un grande aforro en consumos de enerxía. “Deste xeito, péchase o ciclo de subministro e autosuficiencia cun carácter local, engadindo un valor maior a un edificio público e servindo coma exemplo de sostibilidade e sensibilización co medio ambiente”, explica a alcaldesa, Sandra González.
Ningún comentario:
Publicar un comentario