24 de ago. de 2020

O ROSAL

Música tradicional e jazz para por punto e final á programación de verán do Rosal  

Os Folieiros actuarán este xoves 27 de agosto na capela de San Vicente e Xacobe Martínez Antelo Trío o venres 28 no lateral da Igrexa das Eiras   

 

 

 Infogauda / O Rosal

  O Rosal pon esta semana punto e final á súa programación de verán con dous concertos nos barrios este 27 e 28 de agosto nos que a música tradicional e o jazz serán os protagonistas. 

 O xoves 27 a música tradicional chegará da man do grupo Os Folieiros, da que todos os rosaleiros e rosaleiras poderán desfrutar a partir das 21.00 horas na capela de San Vicente, en Marzán.  


 Mentres, pola súa banda, o venres 28 Xacobe Martínez Antelo Trío fará soar jazz galego de primeira liña, sen límites e sen complexos a partir das 21.00 horas no lateral da igrexa das Eiras. Saxofón tenor, contrabaixo e batería para vivir a tradición jazzística con este trío renovado.  

 Nestas dúas actuacións a entrada será de balde e libre ata completar aforo. Os concertos forman parte dunha programación de verán ao aire libre pola que apostou o Concello do Rosal, achegando actividades de rúa para todos os públicos e en pequeno formato aos distintos barrios.

Ningún comentario:

Publicar un comentario