A Biblioteca Municipal do Rosal permanecerá fechada
Do 24 de agosto ao 11 de setembro
As persoas que desexen empregala deberán solicitalo no Concello
Infogauda / O Rosal
O Equipo de Goberno do Concello do Rosal vén de facer público que "a biblioteca municipal permanecerá sen servizo de préstamos nin devolucións de libros desde o luns 24 de agosto ata o venres 11 de setembro (ambos incluídos). Aquelas persoas que desexen empregar a biblioteca como sala de estudo, poderán facelo de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas solicitando a súa apertura no Rexistro do Concello".
Ningún comentario:
Publicar un comentario