11 de ago. de 2020

A GUARDA

O Concello condena un ataque vandálico 

· Contra os paneis informativos das salinas do Seixal  

   Así quedou o panel informativo ubicado xunto as salinas do Seixal

   Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 "No se hizo la miel para la boca del asno" e "Un asno cargado de oro, no por eso deja de rebuznar", son, entre outros, dous vellos e sabios refráns, recollidos na colección dos refráns, proverbios e apotegmas referentes ao asno, que aparecen no libro do bispo roncalés José Joaquín Pérez Necochea, titulado "El Asno Ilustrado o Apología del Asno", por J.J. Zeper Demicasa", Madrid, 1837, que ben poderían aplicarse aos autores da fechoría que imos referir a continuación.

 O Concello de A Guarda vén de facer público que "fai uns días se tivo constancia dun ataque vandálico contra os paneis informativos instalados nas salinas do Seixal, na costa guardesa".

 O Equipo de Goberno Municipal, a través da concelleira de Patrimonio, Mª Montserrat Magallanes Álvarez, deu a coñecer a súa "condena en contra deste ataque contra o patrimonio da localidade de A Guarda, realizado nas explicacións en lingua galega do panel"

 Estes paneis foran instalados a finais do ano 2019 como parte do proxecto “A Guarda, Mar de sal. Posta en valor das salinas romanas do Seixal e Camposancos”. 

 Ao longo dos vindeiros días agárdase poder recuperar este panel, que estará a disposición de todos os veciños e visitantes ao igual que os que se instalaron nas salinas das Lagoas e do Puntal, en Camposancos. 

 O proxecto «A Guarda, Mar de Sal» fundaméntase na necesidade de sustentar o desenvolvemento patrimonial sobre un sólido respaldo científico. O estudo rigoroso das paisaxes do sal e a súa posta en valor permitirán crear un recurso patrimonial posto ao servizo da cidadanía.   

 O importe total subvencionado por parte da Consellería do Mar é de 74.496,68€, repartidos en dúas anualidades (2018 e 2019). Proxecto GALP7-066.

Ningún comentario:

Publicar un comentario