ASINADA A ACTA DE ENTREGA AO CONCELLO DE A GUARDA DA TOTALIDADE DA ESTRADA PROVINCIAL E.P.3401 ACCESO AO PORTO DA GUARDA
Foto: Arquivo / D.PO.
Infogauda / A Guarda
No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, nº 153, correspondente aste martes día 11 de agosto de 2020, faise público o seguinte anuncio:
ADMINISTRACIÓN LOCAL PROVINCIAL
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
Outros documentos, notificacións e informacións públicas
ACTA DE ENTREGA AO CONCELLO DE A GUARDA DA TOTALIDADE DA ESTRADA PROVINCIAL E.P. 3401 ACCESO AO PORTO DA GUARDA
A N U N C I O
O día 9 de xullo de 2020 asinouse a acta de entrega ao Concello de A Guarda da totalidade da estrada provincial E.P. 3401 acceso ao porto da Guarda.
En cumprimento do establecido no artigo 18.8 do Decreto 66/2016, de 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, procédese a publicación do contido desta acta de entrega.
ACTA DE ENTREGA AO CONCELLO DE A GUARDA DA TOTALIDADE DA ESTRADA PROVINCIAL E.P. 3401 ACCESO AO PORTO DA GUARDA
Pontevedra, 9 de xullo de 2020
COMPARECEN
Dunha parte, D. Gregorio Agís Gómez, na súa condición de deputado de Infraestruturas e Vías Provinciais da Deputación de Pontevedra,
Doutra parte, D. Antonio Lomba Baz, na súa condición de alcalde do Concello de A Guarda,
EXPOÑEN
Que a Deputación de Pontevedra solicita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade o cambio de titularidade a prol do Concello de A Guarda da totalidade da estrada provincial E.P. 3401 Acceso ao porto da Guarda.
A Deputación de Pontevedra desenvolveu na zona que agora se transfire o proxecto de “Recuperación de espazos e mellora da mobilidade peonil na rúa Concepción Arenal EP 3401, acceso ao Porto”. Pola súa banda o Concello de A Guarda solicitou á Deputación de Pontevedra o cambio de titularidade da totalidade da estrada provincial E.P. 3401 Acceso ao Porto de A Guarda, unha vez finalicen as obras contempladas no antedito proxecto, asumindo o mantemento e conservación destes bens unha vez pasen a ser de titularidade municipal.
A Comunidade Autónoma de Galicia por Decreto 93/2020, do 12 de xuño, publicado no Diario Oficial de Galicia en data 25 de xuño de 2020, aprobou o cambio de titularidade proposto.
OUTORGAN
Este acto dá execución material ao previsto no artigo 3º do Decreto 93/2020, do 12 de xuño, e formaliza a entrega ao Concello de A Guarda da totalidade da estrada provincial E.P. 3401 Acceso ao Porto de A Guarda.
E en proba de conformidade asinan os comparecentes por triplicado e cun só efectos no lugar e coa data arriba indicada.
O que se fai público para xeral coñecemento e efectos.
O deputado delegado (Delegación efectuada por R.P. nº 2020001852), Santos Héctor Rodríguez Díaz.—O Vicesecretario, José Luis Mato Rodríguez.
Asinado dixitalmente á marxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario