6 de ago. de 2020

A GUARDA

As Festas do Monte Santa Trega estarán presentes a través dunha revista en liña

· O sábado día 8 de agosto, desde ás 11:00 horas, na Praza do Reló

Infogauda / A Guarda

 
Ante a situación provocada pola pandemia do novo coronavirus Covid-19, e de acordo coas medidas de seguridade hixiene e saúde pública decretadas, o Concello de A Guarda, nunha decisión tomada en consenso coa Comisión de Festas e as Bandas Mariñeiras, decidiu suspender este ano as Festas do Monte Santa Trega. Por iso, e como xa se anunciou en datas pasadas, este ano non se realizarán nin as verbenas, nin o desfile, romaría, nin fogos artificiais.  

 Nunha acción, destinada a poñer en valor e recoñecer as tradicións propias das Festas do Monte Santa Trega, o Concello de A Guarda vai a realizar na xornada deste sábado día 8 de agosto o “Magazine Especial – Festas do Monte 2020”, un evento en liña que se poderá seguir en directo a través das redes sociais do Concello de A Guarda e das webs municipais www.aguarda.es e www.turismoaguarda.com

 Ese “Magazine Especial – Festas do Monte 2020” arrancará ás 11:00h e, ao longo duns 120 minutos, abordará diversas temáticas das Festas do Monte Santa Trega, contando con entrevistas, proxeccións de vídeos de pasadas edicións, montaxes fotográficas, actuacións musicais,... 

 O
Magazine Especial – Festas do Monte 2020” estará dirixido polo locutor Jose Font e contará, entre outras intervencións, coa presencia do alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz; do representante da Comisión das Festas do Monte, Manuel Castro Vicente; do historiador local Joaquín Miguel Villa Álvarez; do investigador local José Antonio Uris Guisantes; do presidente da Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro, Joaquín Cadilla Castro; do cantautor Tino Baz Baz,..., entre outras personalidades. 

 O “Magazine Especial – Festas do Monte 2020” abordará temas propios da tradición das nosas festas, nunha mestura co ocio, a historia e as celebracións familiares vencelladas ás festas. 

 No apartado musical contarase coas actuacións de Tino Baz e do Grupo de Gaitas da Terceira Idade, ademais das proxeccións de vídeos, documentais e programas de TV emitidos sobre as Festas do Monte. Santa Trega. 

 Agárdase que este evento en liña,
nun formato adecuado á situación actual, sexa seguido por milleiros de persoas ao longo de todo o mundo,  e que sirva xa de antesala para as vindeiras Festas do Monte Santa Trega, decraradas de Interese Turístico de Galicia, que se celebrarán do 9 ao 16 de agosto de 2021.

Ningún comentario:

Publicar un comentario