O Concello de A Guarda ofrece visitas guiadas
· Ao longo do mes de agosto, para coñecer a historia moderna da vila, a Fortaleza de Santa Cruz e a memoria dos indianos guardeses
Infogauda / A Guarda
O municipio de A Guarda tén moito que ofrecer. As veces, moito máis do que os propios guardeses podemos imaxinar. Coñecer o patrimonio histórico de noso contribúe a amalo e a respectalo. E ao mesmo tempo a sentirnos máis involucrados na súa difusión e protección. Por iso resulta gratificante informar que ao longo do mes de agosto o Concello de A Guarda ofrecerá dúas visitas guiadas semanais ao casco urbano, onde a temática deste ano é a historia, patrimonio e testemuñas da época moderna da Guarda.
As visitas terán lugar os mércores e xoves do mes de agosto.
Todos os mércores a visita guiada centrarase na Fortaleza de Santa Cruz, onde poderáse coñecer este recinto militar datado no século XVII, a súa estrutura e historia ao longo dos anos ata a actualidade.
A MEMORIA DOS INDIANOS
A novidade desta edición será a visita guiada dos xoves titulada como A Memoria dos Indianos. Esta actividade percorrerá o casco urbano coñecendo as pegadas e testemuñas dos indianos, aqueles retornados da emigración a América, que tiveron unha gran influencia cultural, económica, política e social, principalmente na primeira metade do século XX.
As visitas guiadas sairán ás 12:00 horas, da Oficina Municipal de Turismo, sita na Praza de Reló. Estas visitas son de balde e non precisan inscrición, pero si hai límite de participantes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario