CELSO RODRÍGUEZ FARIÑAS PIDE A DIMISIÓN DA CONCELLEIRA DE TURISMO
O concelleiro portavoz de Converxencia Galega sinala varios exemplos de abandono
Infogauda / A Guarda
Aportando catro fotografías que “ilustran” o contido da comunicación que vén de presentar no Concello de A Guarda, Celso Rodríguez Fariñas, concelleiro portavoz de Converxencia Galega, expón o seguinte:
TARXETA DE PRESENTACIÓN AO TURISMO QUE VISITA O MONTE DE SANTA TREGA
Fai poucas datas, presentamos unha queixa sobre a situación de suciedade e abandono que se daba no cumio do Monte Santa Trega, donde o Equipo de Goberno do PSOE, ben directamente a traveso do Padroado Municipal como pola xestión Municipal, amosaban a súa deixadez co abandono imperante existente na nosa mellor referencia turística local.
O segundo punto de referencia de visitantes a nivel de toda Galicia, recibía as persoas nun entorno de suciedade con papeleiras tiradas polo chan herba e rastroxos por tódalas partes e unha fonte a que fai meses lle roubaron o grifo do cobre e polo tanto non se podía tomar auga de ningunha maneira.
A raíz desa situación, (que inda a día de onte seguía igual) fomos chamados para que subísemos a “contemplar” a gran “maravilla” e pasaporte o túnel do desconocido, para que quen nos visita decida non volver a nosa localidade.
Estas imaxes, serían suficientes para que quen ostenta a Concellalía de Turismo, por vergoña propia e allea, presentara a súa dimisión de tal cargo de xeito inmediato, pola nosa banda, así o esiximos, ¡¡UNHA VERGONZA!!
Non queremos facer unha nota moi longa, xa que as imaxes, son por si mesmo explicativas, porque como dí o refrán, “unha imaxe vale máis que mil palabras”- Nunha delas, concretamente a da fonte, para disimulala, a xente que traballa no lugar, “decorouna cunha xiasta”… Reiteramos ¡¡UNHA VERGONZA!!
A Guarda, a 31 de agosto do 2020
Celso R. Fariñas
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA
Sr. Alcalde-Presidente
Sra. Concelleira de Turismo
CONCELLO DE A GUARDA
Ningún comentario:
Publicar un comentario