13 de ago. de 2020

A GUARDA

A AGRUPACIÓN "O BUXEIRO" ORGANIZA UNHA NOVA ACCIÓN MEDIOAMBIENTAL

· O domingo día 30 de agosto, desde ás 8:00 horas, na costa guardesa

 

Infogauda / A Guarda

 A Agrupación Guardesa de Pescadores, Mariñeiros e Mariscadores non profesionais "O Buxeiro" organiza, en colaboración coa Concellería de Medio Ambiente do Concello de A Guarda, unha gran recollida de plásticos na costa atlántica.  

 Esta actividade realizarase o domingo día 30 de agosto, por diferentes puntos da costa guardesa, tentando eliminar aqueles restos de plásticos que se atopen polo litoral.  

 O punto de reunión será a Alameda de A Guarda ás 8:00 da mañá, onde repartiranse luvas e bolsas, e explicarase como será o desenvolvemento desta actividade, para a cal non é preciso inscrición previa. 

 Faranse grupos pequenos para recoller en distintos puntos da costa: dende As Orelludas, en Oia, até O Puntal, na Guarda. Para iso, xa na propia Alameda formaranse grupos de 10 persoas, por orde de chegada, de cara a respectar as normas de distanciamento social. 

 Esta actividade, que xa se fixo en anos precedentes, ten como obxectivo principal concienciar á cidadanía en materia de residuos, xa que, moito do lixo que hai no mar pode chegar a el de forma directa tirándoo nel, ou de forma indirecta a través das canles dos ríos ou por outras vías (aérea, etc.).

Ningún comentario:

Publicar un comentario