UNHA LATRINA NUN INMOBLE DE UN SÉCULO
· Non sae nas guías turísticas pero ten usuarios
Infogauda / A Guarda
As veces temos serias dúbidas da utilidade de certos entes, que dun xeito ou doutro, seus membros deberan ter un pouco de celo no desenvolvemento (é un decir) dos seus cometidos, porque para figurar sobran candidatos. E hai exemplos dabondo. Non é preciso sinalar con nomes e apelidos, xa que prácticamente todos nos coñecemos. Con todo, a capacidade de asombro semella non ter límites, e daí que as veces, pensemos que en pleno século XXI, xa non haxa que recorrer a lugares terceiromundistas para atoparmos con exemplos do pouco que temos avanzado como seres humanos.
Que a día de hoxe teñamos un fermoso inmoble, que segundo os datos catastrais, foi construído en 1920, é decir, fai un século!, e ademais do abandono manifesto que presenta desde fai bastantes anos, sin que ninguén con competencia nese asunto, tivese ou teña, a coraxe, de poñer remedio a esa vergoñenta realidade; estando, como está, ubicado nun dos lugares máis visitados de Galicia, créannos que é algo que non podemos comprender. Sobor de todo, cando trátase dun inmoble que tivo un uso - industrial, como figura na información catastral -, no sector hostaleiro, como está documentado, e lamentablemente, desde fai anos, bastantes anos, tal vez, se nos apuran, demasiados, está, como se dí coloquialmente "aos paxaros". Faltan algunhas portas e non presenta o decoro que correspondería que tivera estando ubicado onde está. Non é cuestión de aportar máis datos, porque todas as persoas que residen na localidade, saben a que inmoble estámonos referindo. A imaxe que acompaña esta crónica é suficiente para súa identificación.
Máis, por si esa "presentación" non fose abondo suficiente, temos que referir, ainda que sexa triste constatar esa realidade, que na parte posterior do inmoble, onde no seu día houbo uns aseos que puderon ser aceptables, existe un cubículo indecente, que por respecto aos amables lectores deste xornal dixital transfronteirizo non imos descreber, nin moito menos publicar nin siquera unha das imaxes fotográficas que obran no noso poder. Porque en conciencia, consideramos que a estas alturas non necesitamos acreditar o que está á vista de todas aquelas persoas que atopándose de visita nese incomparable enclave, "tropezan", por decilo de xeito figurado, con ese "espectáculo" deprimente e inadmisible. Impropio dun lugar que por inumerables razóns, é visitado por milleiros de persoas provintes de moitos lugares da península ibérica e do resto do mundo.
Diante de realidades tan desagradables como esa non podemos admitir que ninguén con responsabilidades varias consinta que un inmoble situado nun enclave tan estratético, esté no estado de abandono que está. E por se iso non fora suficiente demostración de incapacidade, presente a veciños e visitantes, un "agasallo sorpresa". E que ninguén busque disculpas, porque non son de recibo.
Visto o visto, está perfectamente claro que alguén debería poñer solución canto antes, pois os feitos que vimos de reseñar non son novos. Non hai, polo tanto, ningunha circunstancia atenuante. E a imaxe que se levan ás persoas que pasan por ese lugar non é a que desexamos que permaneza nas súas memorias.
Que teñamos unha latrina indecente nun inmoble dun século de antigüidade, non é admisible.
Obviamente non sae nas guías turísticas, pero ten usuarios, o cal é indicativo da necesidade de implementar a dotación de aseos públicos na zoa, sobor de todo tendo en conta que son moitas as persoas que estacionan seus vehículos - mesmo autocaravanas que pernoctan - na contorna.
Que pena de 134 m2 construídos - segundo o catastro - tan pésimamente xestionados!
Cando sae un reportaxe sobre as condicions de traballo dos cobradores, que con esta pandemia seguen traballando na estrada sen nengún tipo de seguridade. E aínda sen electricidade. Non podemos cobrar por tarxeta nestes tempos.
ResponderEliminar