CELSO RODRÍGUEZ FARIÑAS AFEA AO GRUPO MUNICIPAL DO PSOE POLO "ABANDONO A QUE ESTÁ SOMETIDO O CUMIO DO MONTE SANTA TREGA"
O concelleiro de Converxencia Galega indica que "unha simple visita, transmite a impresión que se levan os visitantes"
Infogauda / A Guarda
Adxuntando unha reportaxe fotográfica - da cal extraemos unhas cantas imaxes -, o concelleiro Celso Rodríguez Fariñas, do Grupo Municipal de Converxencia Galega, vén de presentar no Concello de A Guarda, o seguinte comunicado:
Namentras cada poucos días, leemos e escoitamos como a través dos medios de comunicación o Grupo Municipal do PSOE, fai alarde da cantidade actividades a desenrrolar no Monte Santa Trega, unha simple visita, transmite a impresión que se leven os visitantes que acuden os mesmos
Dende CONVERXENCIA GALEGA, polos cálculos feitos sobre os datos recibidos, somos sabedores de que no que vai de mes de agosto o Monte Trega foi visitado por máis de tres mil persoas a pesar do Covid-19, e polo tanto o organismo responsable Padroado Municipal Monte Santa Trega, presidido polo Sr. Alcalde, ten recibido os cartos suficientes para solventar as deficiencias que manifestamos a través deste escrito.
Queremos facer público a pasividade, deixadez e abandono a que está sometido o cumio do Monte Sta. Trega, tanto polo Concello como polo Padroado, sin que tomen ningunha medida de salubridade e ornato nese espacio:
· A zona é un estercoleiro de cabichas, papeís e mascarillas que se encontran a carón das beirarrúas e abas do mirador de Portugal.
· As herbas crecen sen control pola cumbre sen que se eliminen, e os arbustos sitos na praza do pintor Manuel Ángel crecen sen límites impidindo o andar da xente.
· A toma de auga que debería estar ó servizo dos turistas, non só leva máis dun ano sen funcionar; senón hai días roubaron o grifo de bronce que se encontraba nela.
Achegamos fotos da nosa denuncia para que ninguén poña en dúbida as nosas reclamacións. Reclamacións a prol do turismo en A Guarda.
Esiximos a inmediata toma de medidas para sanear o lugar e poñelo acorde como se merece un dos referentes turísticos de Galicia.
A Guarda, 13 de agosto do 2020
Celso R. Fariñas
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA
Ningún comentario:
Publicar un comentario