O Concello de A Guarda pide á poboación un uso racional e responsable da auga
Infogauda / A Guarda
No día de hoxe, mércores 12 de agosto de 2020, vimos de recibir na Redacción deste xornal dixital transfronteirizo, o seguinte comunicado do Concello de A Guarda:
A Concellería de Medio Ambiente, ante o período de seca que levamos atravesando nos últimos meses, reitera a apelación á cidadanía de facer un uso racional da auga.
Alén da falta de precipitacións e temperaturas elevadas, a recente avaría dunha das bombas obríganos a tomar medidas para que o abastecemento de auga chegue a todas e todos os veciños.
Por iso, dende o Concello, queremos concienciar da importancia deses bens tan prezados que son os recursos hídricos.
Recoméndase que certos usos da auga como: rego, baldeos, recheos de piscinas,…, adminístrense dun xeito apropiado á situación excepcional destes días.
Ningún comentario:
Publicar un comentario