10 de xul. de 2020

VIGO

O líder do PPdeG propón un Goberno que goberne, cunha xestión acreditada e capaz de crear emprego  

Feijóo: “Ter sido o presidente da Xunta, a administración pública que máis investiu en Vigo, é un balance que me satisfai”  

• “Galicia é o noso obxectivo”, remarca Feijóo, quen garante continuar traballando pola Comunidade e seguir construíndo Vigo  

Alberto Núñez Feijóo na súa intervención de hoxe en Vigo


Infogauda / Vigo

 O líder do PPdeG animou aos galegos a votar este domingo, para que así decidan por Galicia, que participen no seu futuro e que non a deixen soa, porque, tal e como sinalou, “Galicia, sen os galegos, non existiría”.   

 Durante un acto en Vigo, aproveitou para trasladar unha mensaxe de confianza e tranquilidade para acudir aos colexios electorais: “Galicia necesita a decisión dos galegos”.   

 Segundo dixo, esta foi a lexislatura da recuperación, onde a nosa Comunidade empezou a recuperar o emprego, o crecemento económico, as exportacións, así como tamén o sector naval e o da automoción. Neste senso, apuntou á creación de máis de 44.000 postos de traballo e, destacou que “Vigo volveu rexurdir en todos os seus sectores”.   

 Neste senso, apuntou que, trala pandemia, “necesitamos proseguir no compromiso de Vigo e con Vigo”. E fixo fincapé en que foron anos decisivos para modernizar esta cidade e para que sexa unha das urbes máis seguras de Europa: “Unha cidade cun gran servizo sanitario é a tarxeta de presentación da súa seguridade”.   

 Así, Feijóo aproveitou para agradecer o traballo de todos os profesionais sanitarios de Vigo e amosouse convencido de que Galicia está preparada para seguir facendo fronte ao virus  

O candidato á reelección á Presidencia da Xunta de Galicia estivo hoxe en Vigo, acompañado por tres mulleres que forman parte da candidatura do PP pola provincia de Pontevedra


 O presidente dos populares galegos propuxo un Executivo que goberne, cunha xestión acreditada e capaz de crear emprego, porque “a sanidade e o emprego son as dúas prioridades do Goberno de Galicia”.   

 Así, dixo que se pon a disposición dos galegos coa mesma ilusión que en 2009, pero con máis experiencia: “É unha honra volver representar á ría de Vigo”.   

 Pediu o voto para Galicia, para a vitoria da nosa Comunidade e para representar aos mozos e aos maiores.  

 Galicia é o noso obxectivo”, remarcou Feijóo, quen garantiu continuar traballando pola Comunidade e seguir construíndo Vigo: “Ter sido presidente da Xunta de Galicia e que esta Xunta fose a administración pública que máis investiu en Vigo na historia é xa un balance que me satisfai. E gustaríame seguir investindo en Vigo os próximos catro anos”. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario