Á venda os ‘Bono Adeto’
· Con estes bonos por valor de 20 euros, os clientes poderán gastar 25 euros nos establecementos asociados dende este mércores
Asociación ADETO / Tomiño
A Asociación ADETO puxo en circulación os ‘Bono Adeto’. Son bonos de 20 euros que poderán gastar nos comercios onde atopes o cartaz da campaña por valor de 25 euros (desde a asociación regalan cinco euros).
Durante este mes de xullo e ata fin de existencias poñeranse ao dispor dos clientes bonos que terán que utilizarse antes de que acabe o mes desde a súa adquisición. Pasada a data de caducidade que aparece nos propios bonos xa non se poderán utilizar.
Ademais, os 25 euros non son fraccionables, nin acumulables, deben gastarse dunha soa vez e limítase a 4 a cantidade de bonos a comprar por unha persoa, como indican desde ADETO.
Hai 3 puntos de venta destes bonos que son: a oficina de Adeto, Consulvin e La Reina Caracola.
Con esta campaña preténdese apoiar ao pequeno comercio asociado a través de bonos de compra, buscando:
• Incentivar a compra no sector comercial, hostaleiro e de servizos da localidade.
• E que as persoas consumidoras benefíciense dun aforro do 20% á hora de facer as súas compras.
+ Info en www.adeto.es (bases e listaxe de establecemento
Ningún comentario:
Publicar un comentario