A DOG publica hoxe o cambio de titularidade dun treito da estrada PO-344 a prol do Concello de Tomiño
A
Xunta de Galicia dá cumprimento con esta medida ao convenio de colaboración
asinado coa Deputación de Pontevedra e o Concello de Tomiño para a
construción da variante da localidade
Unha vez en servizo a nova vía de competencia municipal queda liberada do tráfico interurbano
Con esta transferencia a xestión e conservación deste treito de vía corresponderalle ao Concello de Tomiño
O cambio de titularidade será efectivo desde mañá
Infogauda / Tomiño

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe
o decreto do cambio de titularidade, a prol do Concello de Tomiño, do
treito da estrada autonómica PO-344 entre o punto quilométrico 1+690 e o
2+770. No seguinte enlace ao DOG pode consultarse a información: https://xurl.es/j7mqm.
A Consellería de Infraestruturas, a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Tomiño asinaron en 2017 o convenio para a mellora da conexión entre a EP-3102 e a PO-344 ao seu paso polo núcleo urbano de Seixo. A actuación tiña por obxecto mellorar a conectividade da estrada provincial (avenida República Arxentina) neste núcleo e reducir o intenso tráfico que rexistraba a estrada autonómica PO-344 (rúa Gondomar), mediante a definición dunha nova estrada que actuase de variante da PO-344 no núcleo urbano do Seixo.
O acordo establecía que, tras a posta en servizo da nova variante de Tomiño, se realizaría o cambio de titularidade do treito da PO-344, que queda liberado do tráfico ao canalizarse a través da nova vía.
A nova vía, de máis de 1,3 km de lonxitude, está xa en servizo desde decembro de 2019, polo que os servizos competentes da Axencia Galega de Infraestruturas informaron favorablemente a transferencia do treito correspondente da PO-344.
A nova variante proporciona unha saída á avenida da República Arxentina e da estrada provincial que conduce a Pedra cara o leste do núcleo e permitirá a conexión nun futuro da PO-344 coa VAP Tui-A Guarda sen necesidade de atravesar o núcleo urbano.
Ademais, esta vía comunica os equipamentos existentes na EP-3102 co centro de saúde ou o IES de Tomiño, próximos á avenida da República Arxentina.
Cómpre lembrar que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade ten entre as súas funcións a tramitación dos cambios de titularidade das estradas incluídas nas redes dependentes da comunidade autónoma e das entidades locais.
Coa transferencia, o concello pontevedrés poderá actuar sobre este treito de estrada da PO-344, que pasa a ser de titularidade municipal, de modo acorde coas súas características, e xa non serán de aplicación as restricións da normativa autonómica.
O cambio de titularidade será efectivo o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ningún comentario:
Publicar un comentario