7 de xul. de 2020

O ROSAL

O Concello do Rosal conta cun novo camión  de recollida de lixo  

· O vehículo, subvencionado ao abeiro do Plan Concellos 2019, substituirá ao actual e contribuirá á mellora deste servizo municipal   

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, recolleu este martes as chaves do camión de mans do representante da empresa adxudicataria
Foto: C.O.R.


Infogauda / O Rosal

 O Concello do Rosal conta desde hoxe mesmo cun novo camión de recollida de lixo que contribuirá á mellora do servizo municipal. O vehículo, subvencionado ao abeiro do Plan Concellos 2019 da Deputación de Pontevedra, trátase dun Volvo FL 250 HP 42 ríxido con caixa recolectora-compactadora de residuos sólidos urbanos modelo HIDRO-V de 11 m3 de capacidade e con tolva. 

 O novo camión substituirá ao actual vehículo de recollida que se estaba empregando no Concello e que despois de moitos anos en activo presentaba importantes deficiencias e necesidades de mellora para a correcta recollida da porción de restos dos residuos sólidos urbanos, a parte do servizo que está municipalizada. 

 A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, recolleu este martes as chaves do camión de mans do representante da empresa adxudicataria, Vehículos, Equipamientos y Carrocerías Prieto-Puga, S.L. O prezo do contrato polo vehículo ascende a arredor de 141.000 euros.  

 Con este novo camión na flota de vehículos municipal o Concello do Rosal segue traballando para mellorar os servizos municipais e a calidade de vida dos veciños e veciñas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario