7 de xul. de 2020

TOMIÑO

O servizo de Igualdade de Tomiño convida á poboación moza a ver a película “Tódalas mulleres que coñezo”, de Xiana do Teixeiro  

O filme, con varios premios e mencións, proponse como unha reflexión sobre o xénero, o espazo público e a liberdade  

      FICHA TÉCNICA      
     TÓDALAS MULLERES QUE COÑEZO (Xiana do Teixeiro, 2018)
     Gravada en: Lugo e Ourense
     Xénero: Documental
     Duración: 71 minutos

   

Infogauda / Tomiño

 O Concello de Tomiño, a través do Servizo Municipal de Igualdade, organiza unha actividade dirixida á poboación moza da vila; concretamente, da franxa de idade comprendida entre os 16 a 30 anos, consistente en visionado en liña do filme “Tódalas mulleres que coñezo”, de Xiana do Teixeiro,  e posterior faladoiro, tamén en liña, coa intervención da directora.   

 O filme, de carácter documental, será proxectado en aberto,  propoñéndose como unha reflexión sobre o xénero, o espazo público e a liberdade.  

 Deste xeito, poderase visionar de balde, os días 21 e 22 de xullo, a obra estreada en 2018, seleccionada e premiada en múltiples festivais.   

 Esta actividade está financiada con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdad, Secretaría General de Igualdad y contra la Violencia de Género.    

 Faladoiro con presenza da autora   

 O día 23 de xullo, ás 20:00 horas, poderase asistir tamén a un coloquio coa autora, Xiana do Teixeiro, no que poder compartir impresións, preguntar curiosidades e crear un espazo para a reflexión colectiva. Para isto é preciso tamén rexistrarse a través da web municipal, recibindo confirmación e indicacións para conectarse.   



 O faladoiro terá un límite de prazas de 25 persoas. Esta actividades está dirixida á poboación de entre 16 e 30 anos. Só en caso de quedar prazas libres poderá ampliarse a outras franxas de idade.

 Tamén é posible facer unha pregunta ou reflexión enviando un correo electrónico ao enderezo andrea@rexenerando.com ou enviando texto ou nota de voz ao número de teléfono 698 157 414.   

Ningún comentario:

Publicar un comentario