26 de xul. de 2020

O ROSAL

HOMENAXE AO GARDA FORESTAL SINDO NO MIRADOR DO NIÑO DO CORVO

A alcaldesa do Rosal con familiares e amigos de Sindo
Vista do lugar onde foi eirixido o monumento á lembranza de Sindo, e grupo de persoas que asistiron á homenaxe

Infogauda / O Rosal 

 Fai uns días tivo lugar unha sentida homenaxe póstuma a Sindo, garda forestal do Concello do Rosal falecido, nun dos seus lugares favoritos, o mirador de Niño do Corvo.

Ánxela Fernández Callís, alcaldesa do Rosal, na súa intervención
Antonio Pimentel, guarda forestal, lembrou á figura humana e profesional de Sindo


 Desde o Equipo de Goberno Municipal salientan que "sempre estivo moi ligado ao ámbito forestal e ao propio municipio, polo que este acto de conmemoración serviu para honrar a súa memoria e para poñer en valor o traballo que fixo Sindo e que seguen a facer os gardas forestais".  

 "Dende o Concello - dixo á alcaldesa Ánxela Fernández - queremos dedicar un agradecemento especial a Antonio Pimentel, a todos os axentes forestais e ás comunidades de montes da Guarda, Eiras, Figueró, San Xoán de Tabagón, San Miguel de Pías, Goián, Camposancos, Santa Mariña e Tomiño por facer posible este recoñecemento".

Ningún comentario:

Publicar un comentario