26 de xul. de 2020

NETOS (A GUARDA)

CELSO RODRÍGUEZ FARIÑAS SINALA OUTRA MOSTRA DE DEIXADEZ DO GOBERNO MUNICIPAL DO PSOE

· O concelleiro portavoz de Converxencia Galega indica que unha rotura de fai un ano continúa sen rematar

Esta é unha das imaxes aportadas por Converxencia Galega, tomada no lugar dos feitos


Infogauda / A Guarda

  No día de hoxe recibimos na Redacción deste xornal dixital transfronteirizo, unha comunicación do concelleiro Celso Rodríguez Fariñas, portavoz de Converxencia Galega no Concello de A Guarda, no cal pon de manifesto o seguinte:

ARRANXO QUE ESTÉ A ESPERA DENDE FAI MÁIS DUN ANO  

 Fai máis dun ano que o concello levou a cabo unhas obras por fuga de auga no 1º transversal Netos, sendo un dos afectados a vivenda sinalada co número 24. Como é lóxico, para atopala avería se procedeu a rotura da rúa, se fixo o arranxo, pero todo o que se rompeu no acceso a vivenda de referencia, quedou como amosan as imaxes que acompañamos, sin que a día de hoxe, se fixera nada por parte do Concello, ainda que a propietaria se dirixiu en diversas ocasións a membros do Grupo de Goberno do PSOE, quenes deben atoparse moi ocupados [xa] que dende fai máis de UN (1) ANO non tiveron tempo de impartir aos ordes oportunas para que se proceda a levar a cabo a reparación correspondente. Seguramente, esperan que suceda un percance no lugar, para logo andar as carreiras para tapar o motivo do accidente como fan na maioría das veces.  

 Acompañamos varias imaxes para deixar testemuña de como está a situación actualmente. 

 Dende CONVERXENCIA GALEGA, denunciamos a deixadez das súas función do Goberno do PSOE, e chamamos a atención “a quen corresponda” para que dunha vez por todas, escoite a xusta reclamación que fixo en varias ocasións a propietaria desa vivenda, e se den as ordes oportunas e se arranxen eses desperfectos ocasionados polo Concello.

A Guarda, a 26 de Xullo do 2020 

Celso R. Fariñas 
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA  

     

Sr. Alcalde-Presidente 
Sr. Concelleiro de Vías e Obras 
CONCELLO DE A GUARDA

Ningún comentario:

Publicar un comentario