26 de xul. de 2020

A GUARDA

O CONCELLEIRO DE CONVERXENCIA GALEGA PROPÓN UNHA BONIFICACIÓN OS COMERCIOS, NA TASA DE RECOLLIDA DO LIXO

Celso Rodríguez Fariñas argumenta que os establecementos que estiveron pechados durante o Estado de Alarma non xeraron lixo

Celso Rodríguez Fariñas, concelleiro portavoz do Grupo Municipal Converxencia Galega no Concello de A Guarda
Foto: Infogauda


Infogauda / A Guarda

 Para seu debate, e aprobación, se procede, na vindeira sesión plenaria, o concelleiro Celso Rodríguez Fariñas, portavoz do Grupo Municipal Converxencia Galega no Concello de A Guarda, vén de presentar á seguinte proposta:

BONIFICACIÓN NO COBRO DO LIXO OS COMERCIOS QUE PERMANECERON PECHADOS POLA PANDEMIA   

 Durante as conversas mantidas o longo do confinamento provocado pola presenza do COVID-19 plantexamos que medidas de graza ía a tomar noso concello para desapretar a presión económica tras o peche obrigado dos seus comercios, sendo a resposta, pública e privada, que se adiaban os prazos dos pagos trimestrais a tempada en que se poidera abrir os negocios. 

 En moitos dos casos, está repercutindo con máis dureza naqueles que eran recentemente abertos e noutros que se mantiñan abertos a cumplir o tempo suficiente para poder xubilarse o titular. Nunha localidade, donde a maioría dos que xeneran traballo, son autónomos, pequenos e medianos comercios, bares, cafeterías, restaurantes, hoteis, etc., a situación foi un pau para as sús economías que unha boa parte, están a espera ver como se desenvolve a tempada de verán para decidir si continúan cas portas abertas. 

 Si os negocios permaneceron pechados obligatoriamente, ningún xenerou lixo, polo tanto, [polo] tanto é un sinsentido que teñan que abonar un servizo que non existiu. 

 Nalgunhas localidades, o Goberno Municipal, implicouse na colaboración e axuda dos veciños, que tiveron pechado seu negocio durante 99 días. 

 Por todo o exposto, dende CONVERXENCIA GALEGA, presentamos para o seu debate e aprobación, no próximo Pleno Ordinario a seguinte MOCION: 

 O Concello de A Guarda, procederá a exonerar do pago do imposto do lixo a todos aqueles comercios e empresas, que tiveron que permanecer pechados obrigatoriamente durante a crise sanitaria provocada pola pandemia do CORONA VIRUS (COVID-19) o que conlevou que permaneceran cas portas pechadas durante 99 días que durou o Estado de Alarma. 

A Guarda, a 25 de xullo do 2020    


Celso R. Fariñas 
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA        



Sr. Alcalde-Presidente  
CONCELLO DE A GUARDA

Ningún comentario:

Publicar un comentario