A Xunta de Galicia adxudica as obras de construción de tres pozos de barrena na Cunchada
Esta actuación, adxudicada por máis de 22.000 euros, comezará nas vindeiras semanas e conta cun prazo de execución de 1 mes
Executaranse
tres pozos para garantir o subministro de auga en tres vivendas
próximas ao treito III da Vía de Altas Prestacións Tui–A Guarda
Rematada a obra, os titulares dos inmobles ocuparanse da conservación e mantemento dos pozos
Infogauda / O Rosal
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar as obras de construción de tres pozos de barrena na Cunchada, no Concello do Rosal.
Os traballos, adxudicados á empresa Construcciones Vale, S.L. por un importe de máis de 22.000 euros, comezarán nas vindeiras semanas. As obras contan cun prazo de execución de 1 mes.
O obxecto desta intervención é subsanar unha diminución do recurso hídrico dispoñible en tres vivendas próximas ao treito III da Vía de Altas Prestacións Tui-A Guarda. Unha inspección dos técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas constatou que a necesaria modificación das escorrentas e dos fluxos de auga subterránea por mor das obras deste tramo puido causar a dita incidencia.
Executaranse tres pozos de barrena para garantir o subministro de auga ás vivendas, para o que se seleccionará a ubicación concreta dos pozos de acordo coa localización máis idónea e coas estipulacións do organismo de bacía.
Os traballos da escavación realizarase por medios mecánicos, mediante perforadora de golpes e rotación. Acadado o nivel freático, protexeranse as paredes da escavación mediante o seu encamisado, para evitar desprendementos nas paredes do pozo.
Na intervención disporase material filtrante para evitar que os finos enturbien a auga e instalarase unha bomba somerxible en cada pozo. Finalmente, protexerase o pozo cunha arqueta de formigón e executarase a conexión con cada vivenda.
Unha vez rematadas as obras, a conservación e mantemento do pozo será a conta dos titulares das vivendas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario