Rueda e Rajoy percorren un tramo do Camiño Portugués pola Costa ao seu paso por Oia
Mariano Rajoy - no centro da imaxe - con Cristina Correa e Alfonso Rueda, esta mañá en Oia facendo un tramo do Camiño Portugués pola Costa
Infogauda / O Baixo Miño
O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda Valenzuela, e o presidente de honra do PPdeG, Mariano Rajoy Brey, percorreron esta mañá un tramo do Camiño Portugués pola Costa ao seu paso polo Concello de Oia, acompañados pola alcaldesa, Cristina Correa Pombal, e outros membros da candidatura, para poñer en valor a importancia do Camiño Portugués e do Camiño Portugués pola Costa, polos que cada ano chegan case 100.000 peregrinos, o segundo itinerario máis transitado despois do Francés. “Unha fonte de orgullo, de tradición e cultura, pero tamén de riqueza e de emprego para a provincia”, sinala Rueda.
Despois do percorrido, Rueda e Rajoy visitaron os concellos e Baiona, O Rosal e A Guarda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario