20 de xul. de 2020

O BAIXO MIÑO

AS AXUDAS DA XUNTA DE GALICIA PARA MELLORAR A OFERTA DAS SÚAS BIBLIOTECAS E AXENCIAS DE LECTURA BENEFICIARÁN A TRES CONCELLOS DO BAIXO MIÑO      

· O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución por un importe de 12.123,44 euros, que permitirá que estes centros se doten de novidades editoriais e completen as súas coleccións bibliográficas  

· Na provincia de Pontevedra beneficiaranse 45 concellos por un montante total de 153.176,6 euros  
   Foto: X.G.


Infogauda / O Baixo Miño

 Un total de 45 concellos da provincia de Pontevedra beneficiaranse este ano das axudas que a Xunta de Galicia ten en marcha para  mellorar as coleccións bibliográficas e dotar de novidades editoriais ás súas bibliotecas e axencias públicas de lectura municipais integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia, para o que o Goberno autonómico destina este ano 153.176,6 euros. Na comarca do Baixo Miño beneficiaranse 3 concellos.  

 Como publica hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG) a primeira liña de axudas, que subvenciona a dotación de novidades editoriais en galego en formato físico beneficiará a Tui, A Guarda e O Rosal e conta cunha dotación de 5.360,62 euros. Con esta medida a Consellería de Cultura e Turismo pretende ofrecer aos usuarios estas novidades editoriais no momento da súa entrada no mercado, mediante un proceso de compra de libros en formato físico a cargo das entidades locais.   

 Unha vez adxudicada a subvención en libros por un importe económico que se establece segundo os parámetros da poboación a que atende cada servizo bibliotecario público municipal, este poderá seleccionar os títulos incluídos nunha plataforma electrónica na que incorporarán as novidades as editoriais que publiquen en galego, que tamén serán as encargadas da distribución directa de cada libro solicitado desde a editorial a cada entidade beneficiaria.  

 O segundo programa, dedicado á mellora das coleccións bibliográficas, ten como beneficiarios este ano un total de 3 concellos desta comarca (Tui, A Guarda e O Rosal) e as axudas alcanzan un importe total de 6.762,82 euros. Estas liñas de axudas enmárcase no compromiso da Xunta de Galicia por mellorar é incrementar a oferta e o servizo aos usuarios destes centros, actualizando as coleccións para que as bibliotecas planifiquen as adquisicións de novidades editoriais.  

 A nivel autonómico, beneficiaranse un total de 186 concellos, para o que o Goberno autonómico destina este ano 550.000 euros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario