Feijóo pide aos maiores que vaian votar porque o futuro de Galicia tamén lles pertence
• Destaca o compromiso do PPdeG coa conciliación e lembra que Galicia é a comunidade que máis axudas destina ás familias
• Pon en valor a renovación de hospitais públicos e o reforzo de servizos como a atención primaria, a teleasistencia ou a hospitalización a domicilio
• Salienta a resposta de Galicia á pandemia, que mesmo o Goberno central cualificou de traballo excelente
Infogauda / Nigrán
O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu aos maiores que vaian votar o próximo 12 de xullo, porque o futuro de Galicia tamén lles pertence e hai que construílo con eles.
Deste xeito se expresaba nun mitin en Nigrán, no que amosaba o seu compromiso cos maiores, remarcando que hoxe hai catro veces máis dependentes atendidos e que os popularesseguirán investindo neles.
Logo de indicar que o PPdeG ten xestión e programa no económico, subliñou que tamén o ten no social, apuntando que, ademais de estar comprometidos cos maiores, tamén o están coa saúde, coa solidariedade, coas familias e coa mocidade.
COMPROMISO COA SAÚDE E A SOLIDARIEDADE
O líder dos populares galegos asegurou que os avances na Sanidade pública foron útiles para responder á pandemiae que, no exame máis difícil da súa historia, Galicia e todo o persoal sanitario tiveron unha resposta de sobresaínte. Neste senso, puxo en valor os novos hospitais públicos e as ampliacións,o equipamento e a renovación tecnolóxica, así como tamén os servizos de teleasistencia e de hospitalización a domicilio.
Tras afear aos que durante unha década falaron mal e intentaron mentir sobre a sanidade pública galega, remarcou que o Goberno central cualificou o traballo e a xestión durante a pandemia de excelente. Así, Galicia foi a primeira Autonomía en saír do estado de alarma.
No referido á solidariedade, puxo en valor que o Executivo da Xunta invista en rendas mínimas máis que nunca antese que sexamos das poucas Comunidades que ten un complemento para as pensións non contributivas.

O LUGAR QUE MÁIS AXUDA ÁS FAMILIAS
Pola súa parte, salientou o compromiso coas familias, lembrando que non hai un lugar de toda España onde haxa máis axudas para elas que en Galicia. Ao respecto, insistiu en que non hai outro sitio que teña gratis a gardería para o segundo fillo e seguintes, que teña o dobre de prazas públicas que hai unha década, que dea a tarxeta benvida aos recén nacidos ou que impulsara as casas niño no rural.
Aínda así, afirmou que os populares seguirán reforzando a conciliacióne aprobarána Lei de impulso demográfico.
COMPROMETIDOS COA MOCIDADE
Feijóo tamén destacou o compromiso coa mocidade erecordou que hoxe contamos cunha Educación pública máis completa, competitiva, xusta e equitativa.Así, resaltou que Galicia ten os mellores resultados da súa historia, segundo o informe PISA; que a taxa de abandono escolar é a máis baixa da súa historia; e que hai máis plurilingüismo, máis profesores por alumno e máis ordenadores no ensino público.
O PARTIDO DA MAIORÍA
Aseverou que gobernará para todos os galegos, porque, tal e como incidiu, Galicia está por riba de todo. Unha Galicia, engadiu, que non quere que se traslade á nosa Comunidade a políticada división, tan estendida en España. Por este motivo, defendeu non converter os comicios nun pulso entre cidadáns, xa que, segundo indicou, o PPdeG non é un partido de enfrontamentos, senón de unidade: “Por iso, somos o partido da maioría”.
O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo
Así mesmo, Feijóo fixo fincapé en que o PPdeG se presenta para que os galegos vivan mellor, para cumprir o seu programa, para non fracturar “e, para cando veñan mal dadas, sexamos un pobo de fiar”.
No referido ao compromiso con Nigrán, o presidente dos populares galegos puxo en valor o novo centro de saúde en Panxón, as sendas peonís, a depuradora e as axudas para dependencia, que 320 maiores cobran todos os meses.
ALFONSO RUEDA: “TODOS FALAN DE FEIJÓO, MENTRES NÓS FALAMOS DE GALICIA, GALICIA,GALICIA”
O candidato e presidente provincial do Partido Popular, Alfonso Rueda Valenzuela, sinalou hoxe que en dez días os galegos deben elixir entre dúas opcións para o Goberno da Xunta de Galicia, un goberno estable e con experiencia, capaz de facerlle fronte á peor crise da nosa historia recente, ou ter na Xunta un multipartito, sen criterio nin liderazgo, cuxa única aportación a Galicia nestes anos foi sempre criticar a Feijóo e ao seu goberno. “Todos falan de Feijóó mentres nós falamos de Galicia, Galicia, Galicia. Temos propostas, programa, respostas, equipo e experiencia en xestión de crise. Estamos preparados para xestionar desde o primeiro momento. Non nos podemos arriscar a quedar en mans dun experimento”.
Foi durante os mitins que se celebraron esta tarde en Nigrán, Redondela e Cambados, con Alberto Núñez Feijóo. Rueda destacou que o Goberno do PP é sinónimo de xestión e responsabilidade, e así o demostraron tamén durante a pandemia. “Demostramos a nosa capacidade de resposta e respondemos con máis eficacia e anticipación. Quince días antes de que se decretase o Estado de Alarma Galicia tomou decisións que foron decisivas para que Galicia tivese un mellor comportamento que outras comunidades”. Así, recordou que “se pelexou por cada vida, e por iso houbo moitos maiores de 100 anos que recibiron a alta. E Galicia está orgullosa dese traballo, dos seus profesionais e do seu sistema sanitario”. Pola contra, lamentou que a oposición galega sexa a única que non o valora, cando tanto Fernando Simón como o Ministro de Sanidade recoñeceron a boa xestión do goberno galego.
“Nestas eleccións decidimos quen xestiona agora a pandemia económica. Estes tres meses veuse a diferenza entre ter un goberno e outro. A xente quere e necesita que lles resolvamos os problemas, e agora aínda máis co que temos por diante”, e por iso dixo que é moi importante que o 12 de xullo a participación sexa alta. “Ninguén pode pensar que está todo feito polo que din as enquisas. As eleccións gáñanse coas papeletas que entran nas urnas”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario