Mañá abre o prazo de solicitude do Bono Concilia para axudar ás familias a pagar unha praza nunha escola infantil da súa elección 
A convocatoria conta cun orzamento de 1,7 millóns de euros e o prazo para presentar as solicitudes estará aberto durante un mes
A convocatoria conta cun orzamento de 1,7 millóns de euros e o prazo para presentar as solicitudes estará aberto durante un mes
   Foto: X.G.
A contía desta axuda oscila entre os 45 e os 250 euros mensuais e está destinada aos primeiros fillos, xa que os segundos e sucesivos poden acollerse á medida da gratuidade da atención educativa implantada polo Goberno galego
Infogauda / Galicia
 A Xunta de Galicia abre mañá, e ata o 27 de agosto, o prazo de 
solicitude do Bono Concilia, unha prestación de entre 45 e 250 euros 
mensuais para axudar as familias a pagar unha praza para os seus fillos 
na escola infantil da súa elección, naqueles casos nos que non obtivesen
 praza nun centro público. O Diario Oficial de Galicia (DOG)
 publica hoxe a orde que regula a concesión destas achegas económicas 
cun investimento inicial de máis de 1,7 millóns de euros, ampliable en 
función das solicitudes que se presenten.
 O feito de que todos os 
segundo fillos e sucesivos accedan á gratuidade da atención educativa 
cambia substancialmente o cometido do Bono Concilia. Por iso, neste 
2020, esta axuda seguirá en vigor, pero estará destinada aos primeiros 
fillos. Outra das novidades da convocatoria deste ano é que para as 
nenas e nenos que obteñan praza nunha escola infantil pública a partir 
do 20 de outubro, as familias poderán escoller entre aceptar esa praza 
ou continuar co bono.
 As solicitudes, xunto coa documentación 
requirida, deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a 
través do formulario que está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, tamén se poderán entregar de xeito presencial por rexistro.
 O
 pasado 1 de abril Galicia converteuse na primeira Comunidade Autónoma 
en aprobar a gratuidade da atención educativa para os segundos fillos e 
sucesivos, en todas as escolas infantís de 0 a 3 anos con independencia 
da súa titularidade. Aínda que a actividade nestes centros se suspendeu 
por mor da pandemia da covid-19 e se retomará en setembro co inicio do 
novo curso, a decisión de que a atención educativa sexa gratuíta para as
 familias continúa vixente. Ademais de todas as escolas infantís 
públicas e as de iniciativa social, xa se acolleron a esta medida máis 
de 150 escolas infantís privadas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario