Xa está dispoñible para descargar a aplicación que permitirá seguir en directo o escrutinio das eleccións do 12 de xullo
Está dispoñible para dispositivos Android e iOS
O avance do escrutinio tamén se poderá seguir en tempo real na web https://resultados2020.xunta.gal, que estará operativa o domingo
Infogauda / Galicia
Xa está dispoñible para descarga a aplicación móbil que permitirá
seguir os datos de participación e o avance en directo do escrutinio das
eleccións ao Parlamento de Galicia que se celebran o próximo domingo,
12 de xullo. Pode instalarse desde os mercados de Android e iOS.
Ademais, os mesmos datos estarán tamén dispoñibles na web https://resultados2020.xunta.gal, que estará operativa o próximo domingo.
Así,
tanto na web como na aplicación, poderán consultarse os avances de
participación e tamén estarán dispoñibles os datos en tempo real do
escrutinio: tanto a nivel autonómico, como detallado para cada concello
galego, incluíndo comparativas coas eleccións do 2016.
Ademais da app e da web de resultados, cómpre destacar que a Xunta tamén ten operativa a páxina web https://eleccionsgalicia2020.gal/, onde se centraliza toda a información de interese relacionada co proceso electoral.
Entre
outras cousas, na web pode consultarse asuntos como os distintos
procedementos de voto -o prazo para depositar o voto por correo para os
residentes en España remata este venres, antes das 14 horas-; o manual
para as persoas integrantes das mesas; as candidaturas presentadas nas
catro provincias; os resultados electorais de convocatorias anteriores;
ou a lexislación de referencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario