OS COMUNEIROS DE CAMPOSANCOS REFRENDAN O LABOR DA XUNTA REITORA PRESIDIDA POR JOSÉ FERNANDO MARTÍNEZ MARTÍNEZ
De esq. a der.: José Antonio Vázquez, Esther Rodríguez, Eduardo Alonso, José Manuel Malheiro, Mario Baró, Domingos Portela, Ana Belen Serrano - que non continúa na xunta reitora por motivos laborais - José Fernando Martínez e Gloria Portela
Ricardo Rodríguez Vicente / Camposancos
Cunha participación de 79 comuneiros, dun total de 198, a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Camposancos, vén de celebrar na tardiña do pasado venres día 10 deste mes de xullo, unha asemblea xeral extraordinaria, na cal os acordos foron adoitados por unanimidade.
Ainda que a participación foi moi inferior a rexistrada na asemblea precedente, a cal asistiran 117 comuneiros, tamén é certo que a estas alturas de 2020 continuamos baixo á influenza da pandemia da Covid-19, o que indudablemente puido influir en que algunhas persoas declinasen asistir a asemblea do pasado venres, e como nos comentou José Fernando Martínez Martínez, tamén puido influir que algúns comuneiros non pudesen asistir por motivos laborais, toda vez que foi a primeira vez que se celebraba unha asemblea de comuneiros en xornal laboral.
No punto 2º da orde do día, foi aprobada por unanimidade a moratoria da concesión do Hotel Pazo ata 1
de abril 2020.
No punto 3º, tratouse sobre a elección de nova xunta reitora, que neste caso, unha vez constituída a mesa electoral, a única candidatura presentada foi a encabezada por José Fernando Martínez Martínez, que saiu elexida por aclamación.
Compre salientar que José Fernando Martínez Martínez xa viña desenvolvendo seu labor como presidente da xunta reitora, e practicamente conta co mesmo equipo humano que configuraba a xunta reitora anterior, agás Ana Belen Serrano, xa que por motivos laborais decidiu non continuar na xunta reitora.
A asemblea desenvolveuse con total normalidade, ainda que como antes indicamos, cunha menor participación, o cal nos desmerece nin o máis mínimo todo o labor desenvolvido - que foi moito, tanto no coidado do monte como no ámeto cultural - pola xunta reitora que presidiu José Fernando Martínez Martínez e que vai continuar presidindo durante os vindeiros catro anos "ata que o corpo aguante", como el mesmo dixo a este cronista.

Ningún comentario:
Publicar un comentario