Presentados dous libros das Festas do Monte Santa Trega, 2020
· Como xa se anunciou en datas pasadas, este ano as Festas do Monte Santa Trega están suspendidas.
· Non se realizarán verbenas, desfiles, romarías nin fogos artificiais, ante as medidas de seguridade hixiene e saúde pública decretadas.
· Non se realizarán verbenas, desfiles, romarías nin fogos artificiais, ante as medidas de seguridade hixiene e saúde pública decretadas.
De esq. a der.: Celso Rodríguez Fariñas, Mª Montserrat Magallanes Álvarez, Antonio Lomba Baz e Manuel Castro Vicente, na presentación dos libro conmemorativos das Festas do Monte Santa Trega, 2020
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
Ainda que todos sabemos o que hai, e que compre ter moi presente que este ano as cousas están sendo pautadas doutro xeito, porque o primeiro ben a salvaguardar é á saúde das persoas e logo todo o demais; na mañá deste xoves día 30 de xullo de 2020, o Salón de Plenos do Concello de A Guarda acolleu a presentación do libro conmemorativo das Festas do Monte Santa Trega 2020. Nesta ocasión vai acompañado por outro volume cunha selección de cartelería e programacións dende o ano 1946 ata a actualidade. Ambos os exemplares exentos de publicidade, terán un custo de 10€ cada un. Os libros poderán mercarse nos puntos habituais de venda e coa compra dos dous exemplares obsequiarase cunha rifa para a edición 2020 das Festas, nas que se sorteará un vehículo.
No acto de presentación participou o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz; a concelleira de Cultura, Mª Montserrat Magallanes Álvarez; o representante da Comisión de Festas, Manuel Castro Vicente; e o representante de InfoMaxe, Celso Rodríguez Fariñas.
Unha fotografía de Arturo Martínez González, protagonista do cartel das Festas do Monte Santa Trega, 2021
Nese evento tamén se aproveitou a ocasión para dar a coñecer o cartel da vindeira edición, cunha artística fotografía, da autoría de Arturo Martínez González, na que ademáis dunha impresionanmte vista da vila guardesa e o barrio de pescadores, queda constancia que as Festas do Monte Santa Trega, 2021 celebraranse - se nada de forza maior o impide - do 9 ao 16 de agosto.
Na presentación tamén quixéronse dar a coñecer as actividades de animación programadas para este ano 2020, que se levarán a cabo a pesar da cancelación dos pratos fortes da festa, para poder manter con garantías as medidas de seguridade e hixiene, por causa da pandemia do coronavirus SARS-CoV-2.
PASACALLES TODOS OS DÍAS DA VINDEIRA SEMANA
PASACALLES TODOS OS DÍAS DA VINDEIRA SEMANA
Entre as actividades programadas destacan os pasacalles que terán lugar todos os días da vindeira semana a media mañá polas rúas do pobo, e nos que participarán diversos grupos de música tradicional do municipio.
No vestíbulo da Casa dos Alonso colocarase unha pantalla onde ao longo de toda a semana, proxectaránse diversos vídeos e fotografías sobre as Festas do Monte Santa Trega.
Coma acto conmemorativo e, debido a suspensión desta edición 2020 das Festas do Monte Santa Trega, os balcóns da Praza do Reló lucirán as bandeiras das Bandas Mariñeiras que participan cada ano no tradicional desfile do Sábado do Monte.
Na xornada do sábado día 8 de agosto a Praza do Reló acollerá a emisión e transmisión en directo, a través das redes sociais, dunha vídeo revista con entrevistas a diferentes convidados (músicos, historiadores, representantes municipais e das bandas mariñeiras), de cara a lembrar o significado das Festas do Monte Santa Trega, a súa tradición, o Día do Desfile, o Día do Monte, e en xeral, todo o que acontece nas festas, cunha duración aproximada de 120 minutos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario