A Guarda vai dar a benvida ao mes de agosto
Con música, visitas guiadas, e moitas propostas refrescantes
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda despide o mes de xullo cunha chea de propostas para todas as idades e gustos, recollidas na Axenda de Verán 2020 e na que aparecen reflexadas todas as actividades culturais, formativas, turísticas, deportivas e de lever que están a disposición de toda a cidadanía guardesa e visitantes ao longo do verán.
Estas actividades están xestionadas a través de diferentes departamentos municipais e xa se iniciaron a pasada semana con actuacións programadas para todas as idades e gustos e que pretenden manter entretidos a veciños e visitantes, pero tendo en conta tamén as medidas de hixiene e seguridade polo COVID-19, polo que teñen lugar en espazos abertos e ao aire libre e cun aforo limitado.
Continúan deste xeito as visitas á embarcación Piueiro que se repiten os martes e xoves do verán, as visitas regulares ó Monte Santa Trega (de venres a domingo) e as visitas de natureza que se sucederán cada domingo. As inscricións pódense realizar a través da Oficina de Turismo Municipal no 986 614 546 ou no enderezo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com.
Os venres, sábados e domingos continúan as visitas guiadas ao Monte Santa Trega. Inscrición previa no Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (MASAT), teléfono 986 610 504 ou no enderezo electrónico masat@aguarda.es
Este venres destacan as propostas da Omix para a mocidade e as familias que se realizarán na Fortaleza de Santa Cruz, con horarios diferenciados en función das idades dos nenos. Información e inscricións na Omix: informacion@aguarda.es
Tamén na xornada deste venres a sala de exposicións do Centro Cultural da vila amosará unha exposición fotográfica titulada “Festivais da Guarda”, con imaxes de varias edicións dos festivais musicais máis significativos que se teñen realizado na vila nos últimos anos, unha acción enmarcada no “Música nos Xardíns” que arranca na xornada deste venres no Centro Cultural co concerto do grupo Milhomes ás 21:00h, apadriñado polo Interlude Fest.
Milhomes é un dúo instrumental guardés con influencias de Fu Manchú, The Sword, Kyuss, Napalm Death, Black Sabbath, Immortal, Entombed,...
A programación continúa na noite do venres coa visita de astronomía “Noite de estrelas” no Puntal (Camposancos), actividade que xa conta co aforo completo.
O vindeiro sábado 1 de agosto, en xornada de mañá, terá lugar a segunda actividade de Orientación do Concello da Guarda. Máis información e inscricións: http://www.xestanatureza.com/inscricions/aguarda2020
O domingo 2 de agosto, ás 10:00h., continúan os “Domingos de natureza e auga”, con diversos percorridos polo litoral guardés. Información e inscricións na Oficina de turismo 986 614 546 ou no enderezo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario