8 de xul. de 2020

A GUARDA

A ASOCIACIÓN SAN XEROME COORDINA O PROXECTO "XE-MENTE INNOVACIÓN: LOS BROTES DE LA DIVERSIDAD"

· E organiza o curso de formación Guía de Baños de Bosque Biosensitivos

Asociación San Xerome Emiliani / A Guarda

 A Asociación San Xerome Emiliani pon en marcha o proxecto “XE-mente Innovación – Los brotes de la diversidad”, financiado pola Fundación Biodiversidad (Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico) con fondos FSE, no marco do PROGRAMA EMPLEAVERDE 2019, que conta cun orzamento total de 105.904,51€.  

 XE-mente Innovación ofrece un itinerario formativo con 7 accións formativas gratuítas, dirixidas a persoas desempregadas, con e sin diversidade intelectual e/ou funcional. O obxectivo do proxecto é xerar perfís profesionais cualificados e "emprego verde inclusivo".  Do 21 ao 31 de xullo 2020 realizaremos un curso de GUÍA DE BAÑOS DE BOSQUE BIOSENSITIVOS. Este innovador curso cualificará ás persoas participantes para poder exercer como Guías en visitas guiadas a Bosques e Espazos Naturais; por exemplo en proxectos como o recentemente posto en marcha pola Deputación de Pontevedra denominado Bosques Terapéuticos, que contempla a realización dunha serie de Baños de Bosque gratuítos en 5 Comunidades de Montes da provincia de Pontevedra, entre as cales a de Camposancos (A Guarda) Costa de Oia e Serra da Groba (Oia). 

Curso de formación gratuíta para persoas desempregadas
GUÍA DE BAÑOS DE BOSQUE BIOSENSITIVOS 

Datas de realización: Do 21 de xullo ao 31 de xullo 2020 
Nº de horas: 20 horas (teoría e práctica) 
Prazas limitadas: 10 participantes
Lugar de realización: Centro Cultural do Concello de A Guarda - Rúa Rosalía de Castro, 14 - A Guarda (Pontevedra) 

Máis información e inscricións: 
xemente@sanxerome.com 
Teléfono: 656 565 630

Ningún comentario:

Publicar un comentario