Para gozar dun verán cargado de propostas culturais, deportivas e de lecer para todas as idades
• O Concello fai fincapé na realización de actividades seguras, mantendo as medidas de hixiene e seguridade vixentes en cada momento, establecendo as citas e inscricións previas para evitar aglomeracións.
O alcalde de A Guarda e a concelleira de Cultura e Deportes, cos carteis da programación de actividades recollida na Axenda de Verán 2020 para os meses de xullo e agosto
Foto: C.A.G.
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda vén de facer público o calendario de actividades recollido na Axenda de Verán 2020 e na que aparecen reflectidas todas as propostas culturais, formativas, turísticas, deportivas e de lecer que estarán a disposición de toda a cidadanía guardesa e visitantes ao longo dos meses de verán.
Estas actividades están xestionadas a través dos departamentos de Cultura, Información Xuvenil, Deportes, Patrimonio e Turismo e terán inicio xa a vindeira semana con actividades programadas para todas as idades e gustos e que pretenden manter entretidos a veciños e visitantes, pero tendo en conta tamén as medidas de hixiene e seguridade polo COVID-19, polo que a ampla maioría delas terán lugar en espazos abertos e ao aire libre, ou ben cun aforo limitado.
A programación comezará cunha proposta de formación da Omix para a mocidade e coas visitas teatralizadas no Castro do Monte Santa Trega que se viron suspendidas no pasado mes de marzo. Xa na fin de semana, o sábado 18 de xullo as familias poderán acudir no Auditorio de San Bieito á representación teatral de “Lázaro de Tormes” da Compañía Pedras de Cartón, que estivo recentemente no Festival de Teatro Clásico de Almagro.
Tamén darán comezo as visitas á embarcación Piueiro que se repetirán os martes e xoves do verán (agás o 23 de xulllo); as visitas regulares ó Monte Santa Trega (de venres a domingo) e as visitas de natureza que se sucederán cada domingo de xullo e agosto.
A programación continuará a partir de aquí con novas propostas da Omix para a mocidade e as familias que se realizarán na Fortaleza de Santa Cruz e novas propostas culturais entre as que destaca o Cinema na Rúa, na Praza do Reló con tres citas diferentes; un espectáculo de cabaré no Auditorio de San Bieito o 25 de xullo; e actividades culturais para os pequenos protagonizadas pola Gramola Gominola (30 de xullo) e Peter Punk o 15 de agosto. Un concerto da Orquesta Clásica de Vigo e súa sección de corda e a obra teatral Pelos na Lingua, serán as propostas culturais para pechar o mes de agosto: os sábados 22 e 29.
No ámbito deportivo o 1 de agosto está prevista a segunda edición da Carreira de Orientación, pensada para participar en familia e unha travesía en kayak para o 27 de agosto.
Ademais destas propostas aínda estase a traballar en concretar concertos para a mocidade e algunha nova proposta deportiva, das que informaremos proximamente.
PROGRAMA
Actividades xullo
Martes e mércores 14-15 xullo.- Obradoiro de fotografía co móbil para a
mocidade. De 11:00 a 13:00h na Fortaleza de Santa Cruz. Inscrición previa
na Omix (informacion@aguarda.es)
Sábado 18 xullo.- Teatro infantil “Lázaro de Tormes”, 20:00h. No Auditorio de San Benito. Inscrición previa no Centro Cultural (986 611 850 - centrocultural@aguarda.es)
Sábado 18 xullo.- Teatro infantil “Lázaro de Tormes”, 20:00h. No Auditorio de San Benito. Inscrición previa no Centro Cultural (986 611 850 - centrocultural@aguarda.es)
Martes e mércores 21-22 xullo.- Obradoiro de vídeo para a mocidade. 11:00h a 13:00h. Na Fortaleza de Santa Cruz. Inscrición previa na Omix (informacion@aguarda.es)
Xoves 23 xullo.- Cinema na rúa: La gallina turuleca. Na praza do Reló, ás 22:30h.Inscrición previa no Centro Cultural (986 611 850 - centrocultural@aguarda.es)
Venres 24 xullo.-Xogos e actividades en familia: xogos e movemento. Pola tarde na Fortaleza de Santa Cruz. Horarios diferenciados en función das idades dos nenos. Información e inscricións na Omix (informacion@aguarda.es)
Noite de estrelas no Puntal ás 23:00h. Inscrición previa na Oficina da turismo (986 614 546 ou no enderezo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com)
Sábado 25 xullo.- Espectáculo “Flashtop cabaret”, no Auditorio de San Bieito ás 20:30h. Inscrición previa no Centro Cultural (986 611 850- centrocultural@aguarda.es)
Xoves 30
xullo.- Concerto da Gramola Gominola,
na Fortaleza de Santa Cruz ás 20:00h.
Inscrición previa no Centro Cultural (986 611 850- centrocultural@aguarda.es)
Venres 31 de xullo.-
·Xogos e actividades en familia: Manualidade natural. Pola tarde na Fortaleza de Santa Cruz. Horarios diferenciados en función das idades dos nenos. Información e inscrición na Omix (informacion@aguarda.es)

·Noite de estrelas no Puntal ás 23:00h. Inscrición previa na Oficina de Turismo (986 614 546 ou no enderezo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com)
Actividades agosto
Sábado 1 agosto.- Carreira
de orientación. De 10:00h a 15:00h. Información e inscricións en deportes@aguarda.es
Venres 14 agosto.- Cinema na rúa “O último verán na Escocia” (versión dobrada en galego). 22:30h. Na Praza do Reló. Inscrición previa no Centro Cultural (986 611 850- centrocultural@aguarda.es)
Sábado 15 de agosto.- “Punkdemia” na Fortaleza de Santa Cruz ás 20:00h. Inscrición previa no Centro Cultural (986 611 850- centrocultural@aguarda.es)
Venres 21 de agosto.- Noite de estrelas no Puntal ás 23:h. Inscrición previa na Oficina de turismo 986 614 546 ou no enderezo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com
Sábado 22 de agosto.- Concerto da Orquesta Clásica de Vigo, sección de corda. No Castelo de Santa Cruz, ás 20:00h. Inscrición previa no Centro Cultural (986 611 850- centrocultural@aguarda.es)
Venres 28 de agosto.- Cinema na rúa “Mr.Link”. 22:30h. Na Praza do Reló. Inscrición previa no Centro Cultural (986 611 850- centrocultural@aguarda.es)

Sábado 29 de agosto.- Teatro “Pelos na lingua”. No Auditorio de San Bieito ás 20:00h.
Inscrición previa no Centro Cultural (986 611 850 - centrocultural@aguarda.es)
Actividades regulares durante xullo e agosto, a partir do 14 de xullo
Martes e xoves (agás 23 de xullo).- Visitas ao volanteiro Piueiro. Ás 20:00h. Información e inscricións na Oficina de turismo 986 614 546 ou no enderezo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com
Mércores “A viaxe de Exeria ao castro”. Visitas teatralizadas no Monte Santa Trega ás 18:00h. e ás 20:00h. Inscrición previa en https://cutt.ly/9oNlvCL
Venres, sábados e domingos.- Visitas guiadas ao Monte Santa Trega. Inscrición previa no Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (MASAT). Teléfono
986 610 504 ou no enderezo electrónico masat@aguarda.es
Domingos.-
Domingos de natureza e auga, ás 10:00h.
(Diversos percorridos polo litoral guardés). Información e inscricións na Oficina
de turismo 986 614 546 ou no enderezo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario